Se buscamos unha palabra que defina a Miguel González Garcés (A Coruña, 1916-1989), aínda sabendo que se precisa máis dunha palabra para definirnos a cada un de nós, esa sería sen dúbida a palabra esteta. E non só literariamente falando, xa que tamén posuía grandes coñecementos sobre artes plásticas. Quizais por saber tanto de pintura, ninguén coma el traduciu á literatura as cores de Galicia.
Lecturas cualificadas
CARLOS LÓPEZ