Haberá ruta de tapas ata o 18 de xullo e varios sorteos entre os asistentes
09 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe comeza a II Edición de Tapecos 2021, un concurso de pinchos para incentivar a hostalería local silledense organizado pola Asociación ECOS e o Concello de Silleda. Esta actividade axuda a dar un ambiente festivo á localidade, coincidindo esta edición coas festas patronais do lacón. Poderase desfrutar dos pinchos nos establecementos ata o vindeiro domingo 18 de xullo.
Para esta actividade, nove establecementos hostaleiros de Silleda ofrecen pinchos aos asistentes para a súa degustación.
Os hostaleiros que participan son: A Tertulia Café Bar, Alborada Cafetería e Lugar de Xuntanzas, Bodegón de Esther, Café-Ina Café Bar, Cuppedia Café e Repostería, EcoHotel Nós, Pizzería Galega, Pukará Café Bar e Restaurante A Carballeira do Chousiño.
Entre os pinchos que se poderán degustar atopamos a Francesinha e Franceveggy da Tertulia, Lembranzas do berce de Alborada, tosta de lacón con piña ou embrións de galiña dourados en graxa de aceituna e acompañados de patacas do Bodegón Esther, Taco-Ina (opción con lacón e opción vegana de falafel) do Café-Ina. A esas opcións súmanse a panacotta e langostino crocante do Cuppedia, taco cruxiente de rabo de vaca de Bandeira cociñado a baixa temperatura con emulsión de braxa e aire de hervas do EcoHotel Nós, pizza de pulpo con cachelos da Pizzería Galega, faxiñas e tempura de verduras e cebola encurtida do Pukará e croqueta negra de centolo en crujiente de millo da Carballeira do Chousiño.
Ao ser un concurso haberá votacións e 2 tipos de premio: un premio para o pincho máis máis votado polo xurado popular, é dicir, a xente que probe as tapas; e un primeiro e un segundo premio profesional, escollidos polo xurado gastronómico que valorará a presentación, o sabor, o emplatado e a orixinalidade cos pinchos que se presentan ao concurso.
A xente que queira participar na votación deberá catar todos os pinchos dos nove establecementos e ter cuñada a cartilla que se lle asignará. Unha vez que os nove locais selen a cartilla, poderase realizar a votación e entrar nun sorteo organizado polos participantes. Os establecementos cederon premios como un almorzo para dúas persoas, botellas de viño, vales de ceas ou estancias de fin de semana entre outros.