Patrocinado por

Os reis do Camiño

Ana Abelenda, Susana Acosta, Cinthya Martínez

VEN A GALICIA

Estes catro peregrinos, Noelia, Jan, Manolo e John, teñen cum laude en roteiros. Son uns veteranos nisto de chegar camiñando ao Obradoiro e hoxe, 25 de xullo, rendímoslle o noso particular homenaxe. Vai por eles e por todos os que queiman os pés por abrazar ao Apóstolo

26 jul 2021 . Actualizado a las 13:29 h.

O Camiño é a meta e camiñando alimentamos a nosa alma. Iso é o que pensan estes catro peregrinos que repiten unha é outra vez. Terminar de facer un roteiro e xa están pensando no seguinte. É o que ten Galicia e o Camiño, que engancha. 

Noelia e Jan: «Levamos dez anos facendo xuntos o Camiño»

ALBERTO LÓPEZ

Percorreron xuntos «os sete fantásticos» (O Camiño Portugués, o Inglés, o Francés, o do Norte, o Primitivo, o Sanabrés e a Vía da Prata). «Neles atopas unha chave máxica que che fai descubrir o que levas dentro. Atópaste a ti mesmo transcendendo a túa vida diaria», sinala Noelia, que di que o importante, se é a túa primeira vez, é preparar os pés, levar un bo calzado, unha mochila mínima e forza de vontade. Ningún dos dous sabe cantos quilómetros leva xa ao lombo destino a Compostela. «Hai anos que non deixamos de camiñar. Cantos máis días, mellor. Para nós é unha vía de escape», sinala a creadora, xunto a Jan, do blog Woman to Santiago, que contaxia na Web a súa paixón peregrina, sobre todo a mulleres.NP11111

Noelia: «Nacín un 25 de xullo, a miña nai di que me tiñan que ter posto santiaguiña»

«Nacín un 25 de xullo e a miña nai dime que me tiñan que ter posto Santiaguiña», conta esta madrileña que coñeceu a Jan (el naceu en Navarra e defínese como nómade) fóra do Camiño. O primeiro que fixeron xuntos foi o Primitivo, que percorreron desde Lugo, só cinco días a primeira vez. Pero desde entón non houbo maneira de parar.

«Somos unha parella, pero formamos un só peregrino», asegura Jan.NP11111

O roteiro máis longo que fixeron foi o Camiño do Norte, desde a fronteira con Francia ata Fisterra, dos máis antigos que existen. A infraestrutura é o que máis distingue, apuntan, uns camiños doutros. «Claro que os camiños son diferentes, porque España é diferente segundo en que comunidade ou rexión esteas. Esa é a riqueza! A hospitalidade reina sobre todo no Camiño Primitivo e no de Inverno, e nalgúns tramos do Camiño Francés, é como nos tempos da Idade Media, cando ao peregrino lle daban catro cosas fundamentais: auga, lume, pan e sal (para as feridas)», di Jan.

Un Camiño moi especial foi «o primeiro que fixemos cos nosos fillos, un tramo entre Triacastela e Sarria nunha fin de semana —lembra vivamente Noelia—. Fomos á aventura e chegamos a un albergue en Barbadelo. Foi coma se chegase á casa da miña nai... Algo marabilloso, inexplicable. Cada un durmiu co seu fillo, porque só quedaban habitacións separadas. Foi chegar e sentirnos en familia, na casa. Esa é a maxia do Camiño, iso é o que fai que te enganches unha e outra vez».

Manolo Hernández: «Acabo de rematar o meu Camiño 101»

Probablemente, Manolo Hernández sexa o peregrino que máis veces fixo o Camiño de Santiago. Moi poucos poden dicir que teñen feitas 101 compostelas. «O meu primeiro Camiño foi en bicicleta. Por iso, decidín facer 101 porque con 100 só levaba 99 a pé», aclara esta apaixonado camiñante. Pero ademais de lograr esta cifra inalcanzable para a maioría, tamén conseguiu o pasado mes de xuño outra gran fazaña, facer sete roteiros xacobeos en apenas 21 días: «Foi sobre a marcha. Fun para Santiago como me gusta ir. Con billete de ida, pero sen billete de volta. Fíxeno así para que, en función do que marcaran as restricións covid ou as miñas forzas, cortar e virme. Pero se me atopaba con forzas o con ánimo, pois continuar. E atopeime con moito ánimo, e cunha ledicia e unha forza enorme». E todo isto despois de ter o covid e estar ingresado con pneumonía bilateral grave, cunha afectación do 90 % en cada pulmón, e padecer as secuelas desta grave enfermidade: «Non era soamente volver ao Camiño, senón que pensaba que igual non podería volver nunca, por iso verme camiñando era máis extraordinario aínda. E aínda que agora camiño máis lento que antes, saber que podo facelo xa é todo un éxito. Foi unha vitoria superar cada etapa».

Manolo elixiu para o seu camiño 95 o roteiro que vai desde Fisterra e Muxía a Santiago, saíndo de Lires, que son exactamente 103 quilómetros. No seguinte, o 96, realizou o Camiño de Sanabria, aínda que a primeira etapa de Ourense a Castro do Son fíxoa 15 días antes do confinamento, pero unha lesión obrigoulle a deixalo. Retomou agora este roteiro. Para o 97 elixiu o Camiño Inglés desde Ferrol e para o 98, o Portugués, desde Valença do Minho. O 99 volveu a empezalo en Lires, pero en lugar de ir a Muxía, foi a Fisterra e de aí a Santiago. Neste camiño estivo acompañado dunha cadea de televisión alemá que realizou un documental sobre a peregrinación a Compostela. No 100 elixiu de novo o roteiro portugués: «Quedáranme cousas pendentes da vez anterior e como era un camiño especial para min, quixen facer o Portugués porque é o que máis me gusta, aínda que foi moi duro porque ía moi lesionado dos pés e custoume moito». E despois chegou o 101, que foi polo Camiño Francés desde Sarria: «Habitualmente evito ir por el porque está demasiado masificado para o meu gusto. Pero esta vez foi un gozo, había moi pouca xente en comparación con outras e ademais os que habían eran peregrinos, no é como cando vai a xente como se fora de romaría, con guitarras e cantando, ou con radios».

Porque Manolo case sempre camiña só. O normal é que faga 40 quilómetros en cada etapa: «E claro, ninguén quere vir comigo». Pero tamén porque «os procesos de reflexión e vitalismo aprovéitanse máis se vas só que se vas falando con alguén. Vas reflexionando nas túas cousas, nas persoas, en ti mesmo, no que fas e non fas... E se vas con alguén xa non realizas ese proceso de reflexión persoal interior».

Moito calzado gastou Manolo desde que fixo o Camiño por vez primeira en 1997. Aínda que ese roteiro foi en bicicleta, gustoulle tanto a experiencia que decidiu volver a facelo a pé outras cen veces máis. E así ata hoxe: «Eu marcho para o Camiño e chego coma novo, como se estivese nun resort. Como o mindfulness este do que se fala tanto. A reflexión interior e persoal e a motivación para a vida atópoa no Camiño, que me dá a forza e dáme a vida».

Porque esa é a verdadeira razón pola que repite tantas veces. De feito, en setembro volverá de novo a camiñar, porque é como mellor se sinte. Ademais, con máis de vinte mil quilómetros sobre os seus pés xa coñece a todos os hostaleiros. Por exemplo, o hostal Suso é a súa casa de Santiago: «Durmiría alí unhas 80 ou 90 veces». Mesmo acaba de publicar un libro Entre 95 e 101 emociones, sobre estes sete roteiros últimos, os seus lugares de referencia e as súas vivencias. Bo Camiño, Manolo. Por moitos anos.

John Rafferty: «Namorei do Camiño e quería seguir andando»

XOAN A. SOLER

John Rafferty naceu en Glasgow, pero reside en Compostela dende hai dez anos. Lugar onde tamén é coñecido baixo o pseudónimo de Johnnie Walker. E non é mera coincidencia. Este escocés fixo quince veces o Camiño Inglés, catro o Francés, outras catro a Vía da Prata, seis o Portugués dende Porto e unha dende Lisboa, catro o de Fisterra-Muxía, unha o de Levante, dúas veces o Mozárabe desde Málaga e outras dúas desde Córdoba, unha desde Gran Canaria, outra desde Madrid, o Way of Saint James en Inglaterra, a ruta dos 88 templos de Xapón, e de Florencia a Roma en Italia. En total, o escocés leva na mochila 45 itinerarios, e espera seguir sumando máis.

«Eu tiña un traballo moi difícil con moitas responsabilidades. E decidín, sendo moito máis novo, que cando tivese suficiente diñeiro para as miñas necesidades quería cambiar a miña vida», empeza relatando John sobre como empezou a seu gusto polo Camiño. Nun principio, o seu plan era retirarse en Sevilla, onde tocaba o órgano nalgunhas ocasións, pero unha noite todo cambiou. «Un día o presidente da empresa convidoume a cear na súa casa. Na parede do salón había un mapa do norte de España cunha liña vermella cruzando Francia ata Santiago. Nunca na miña vida escoitara nada sobre o Camiño ou Santiago de Compostela, pero durante a cea a súa muller falaba da súa experiencia peregrinando, de España, e a súa xente. E durante as dúas ou tres horas que durou aquela cea, Santiago non parou de darme voltas na cabeza», explica o escocés.

Mentre tocaba o órgano 

Durante os catro anos seguintes, John investigou moito máis sobre o que descubriu naquela cea. E canto máis pensaba no Camiño, máis ganas tiña de facelo. Finalmente, o 1 de xaneiro do 2007, mentres tocaba o órgano en Sevilla durante a festa de Nosa Señora, decidiu que era o momento de partir. Ao día seguinte, emprendeu o Camiño dende Sevilla. «Pensaba que ía a volver, pero 36 días máis tarde cheguei a Santiago e todo cambiou. Namorei do Camiño e quería seguir andando. E entre Santiago e Sevilla, Santiago gañou», explica. Segundo as súas palabras, «Galicia e Escocia son moi semellantes, e non só no clima, tamén na retranca».

Pero ademais de peregrinar, tamén escribe. Johnnie Walker, nome co que firma as súas historias, escribiu 16 libros sobre o Camiño en lingua inglesa. A congregación de peregrinos en Londres púxose en contacto con el para escribir guías. A primeira publicouse no 2008 e foi sobre o Camiño Inglés. «No seu 25 aniversario, convidáronme a escribir un compañeiro espiritual para os peregrinos», comenta Johnnie. En total, vendeu máis de 25.000 copias e recadou preto de 250.000 euros. «Non cobro os beneficios, van destinados a organizacións de peregrinos e da caridade», confesa o autor.

Cando se lle pregunta que destacaría despois de tantos quilómetros camiñando, John sorrí mentres afirma: «A bondade da xente». Pero recalca que a historia que máis lle sorprendeu foi a da súa amiga compostelá Matilde Rodríguez. «Ela sempre me dicía que non quería facer o Camiño, pero quedou sen traballo durante dous ou tres anos, e decidiu facelo», explica John. Matilde, que é profesora, empezou en Saint-Jean-Pied-de-Port. Mentres camiñaba, intercambiaba mensaxes con John. «Dicíame que o Camiño era unha ruta bonita, pero que non ía cambiar a súa vida», di o escocés. «Un día chamoume, e contoume que mentres andaba por Sarria, chamárona para traballar nese mesmo lugar, e alí quedou, ensinando na escola á mañá seguinte», conta John. Ao que engade: «Foi un milagre do Camiño».

Johnnie Walker nunca para. Nas fins de semana, toca o órgano na igrexa compostelá de Santo Agostiño, e tamén aproveita para camiñar algún tramo. Para o ano é o seu 70 aniversario, e comenta entusiasmado que quere celebralo cun Camiño longo: «Ao principio pensaba en andar desde Francia, pero prefiro España, a Vía da Prata ou o Camiño de Levante, desde Valencia, que é unha gran experiencia para coñecer a historia de España».

Aínda que esa nova aventura está aínda por confirmar, o que si ten claro John é a recuperación que vai vivir esta histórica tradición: «Non teño ningunha dúbida, o Camiño sempre está vivo».