La Xunta midió el tránsito de 44.409 vehículos al día en sus estaciones de aforo en agosto
13 sep 2021 . Actualizado a las 21:15 h.Verano en Sanxenxo. Sol, playa, turistas y coches por todas partes. Las estaciones de aforo de la Axencia Galega de Infraestruturas constataron la recuperación del tráfico en las carreteras de O Salnés y, en especial, el incremento del número de vehículos en los accesos a Sanxenxo. De hecho, en la estación de aforo situada entre Nantes (Sanxenxo) y Dena (Meaño) en la Autovía do Salnés se midieron en julio un 1 % más de vehículos que en el 2019 y en agosto un 2 % más que en los mismos meses del último verano anterior a la pandemia. En la PO-308, conocida popularmente como la carretera de la costa y que enlaza Pontevedra con A Lanzada, a través de Poio, Sanxenxo y Portonovo, también se experimentó una notable alza del tránsito de vehículos, según la contabilidad que llevó a cabo Infraestruturas en su estación de Paxariñas (Sanxenxo). En total, entre estos dos puntos de muestreo pasaron en julio de este año 36.443 coches y camiones al día, mientras que en agosto, coincidiendo con el habitual aumento de los visitantes a O Salnés, lo hicieron 44.409.
La Autovía do Salnés cumple una función fundamental como arteria vertebradora del tráfico en O Salnés. Sin ella, el colapso de la red costera sería inevitable. Aún así, en algunos momentos puntuales del verano, sobre todo en días de sol y playa, la afluencia de vehículos se ralentizó en las horas de entrada y salida de los arenales.
Las estaciones de aforo de esta carretera, entre el nudo de Curro (Barro), donde conecta con la AP-9 y la PO-531 -también conocida como carretera de Vilagarcía- se ocupan de examinar el tráfico que entra y sale de la comarca. Podría decirse que en verano el grueso de los conductores, sobre todo los de fuera, escogen esta vía, porque es más fácil de enlazar desde cualquier parte de Galicia y porque es más rápida que las opciones litorales.
Por Curro pasaron este julio 15.916 vehículos al día, que se incrementaron hasta los 20.411 diarios en agosto. Es un porcentaje inferior en dos puntos a los tiempos previos a la pandemia, pero suponen un aumento en 13 y 28 puntos porcentuales con respecto al primer verano del covid en O Salnés. Todos los tramos de esta autovía han arrojado incrementos significativos de sus tráficos si se les compara con la temporada estival del 2020 y en un porcentaje bastante razonable registraron números similares a los de antes de la pandemia.
En Meis, este agosto en las tres estaciones de aforo de la Autovía pasaron 33.577, 34.032 y 34.446 vehículos diarios; un 23 % más que en el 2020 y un 1 % menos que en el 2019. En Meaño, donde hay otros dos contadores de aforo, la Consellería de Infraestruturas enumeró 33.308 y 33.957 coches y camiones para el mismo período al día. Nantes es la estación que siempre alcanza los picos más altos de toda la Autovía. Sus 34.588 vehículos de agosto de este año son un 28 % más que el verano del 2020 y un 2 % más que en el 2019.
La situación es especialmente compleja para el tráfico en el tramo entre el enlace de Fontoira y la rotonda de A Lanzada. Aquí las retenciones volvieron a ser kilométricas este verano un día sí y otro también. La Xunta está buscando una fórmula que permita dar una mayor fluidez al tránsito de vehículos, pero no es fácil encontrarla porque este ámbito está incluido en varias figuras de protección ambientales.
Por su parte, la modificación del punto de referencia de datos en la carretera que une Pontevedra con Sanxenxo solo permite la comparativa con el año pasado. Cada día de julio pasaron por Paxariñas 8.478 vehículos, cifra que subió a los 9.821 en agosto. Estos valores suponen una recuperación del tráfico del 2020 en 5 y 13 puntos, respectivamente.
Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestruturas: «Estamos vendo a eficacia das obras na PO-308 na redución de accidentes»
O tráfico é un dos asuntos que máis ríos de tinta fai correr na comarca no verán, especialmente en dúas estradas de acceso á capital turística das Rías Baixas, Sanxenxo. Cabe recordar que nos meses de verán é a terceira cidade de Galicia, so superada por Vigo e A Coruña. E iso nótase no número de vehículos que transitan cara ela. A pandemia, como todo nestes tempos, tamén tivo a súa incidencia. Francisco Menéndez, como máximo responsable da AXI é un dos maiores expertos neste área para avaliar a situación.
-Como ten sido o uso e a fluidez da Autovía do Salnés e da estrada PO-308 durante este segundo verán de pandemia? ¿E que diferenzas percibiron con respecto a anos pasados?
-As variacións de tráfico deste verán con respecto á anterior situación á pandemia non son significativas en canto a fluidez do tráfico. Cos datos que temos para este ano, puideron influír outros factores como os meteorolóxicos na intensidade do tráfico, é dicir, habería que ter en conta a coincidencia da boa ou mala meteoroloxía con eventos festivos ou co período da primeira quincena de agosto, que sempre é a máis intensa no tráfico. No 2021 en xeral hai unha recuperación dos desprazamentos, con respecto sobre todo aos períodos nos que houbo restricións desa mobilidade o ano pasado, e non o é tanto con respecto ao verán do 2019. As melloras que houbo con respecto do 2019 son un pouco independentes da situación sanitaria.
-A Xunta ten feito importantes inversións nestes anos na estrada PO-308, sobre todo entre A Lanzada e Portonovo; na rúa Progreso, en Sanxenxo; e agora están en obras en Areas e Os Cotos. Como valora o resultado dos xa tramos rematados?
-Eu creo que foi bastante satisfactorio. A PO-308 é unha estrada problemática historicamente porque é unha vía que en boa parte do seu percorrido ten sido obxecto dunha urbanización intensa. Sempre é complicado a compatibilidade dun tráfico intenso, como é o caso, con todos os usos que se dan na súa lonxitude. Aínda que é unha estrada que ten treitos diferentes, porque non é o mesmo o treito entre Pontevedra e Poio ou de Portonovo e A Lanzada, todos precisaban de que se fixesen medidas de mellora. A axenda executada nos últimos anos na seguridade viaria teñe mellorado a situación anterior. Eu creo que se pode dicir que esas obras foron un salto importantísimo para todos estes treitos nos que se actuou. A propia percepción do usuario da estrada, tanto do que vai en vehículo como o que pode agora ir andando nas súas marxes, é radicalmente diferente ao que era antes. A magoa é que cando estamos alí non podemos ver como era anteriormente, pero si que a mudanza é importante. Eu creo que entre Portonovo e A Lanzada, agora que están completas a senda executada e outras medidas de seguridade viaria, dende logo é unha estrada moito máis amable para veciños e visitantes do Concello e moito máis segura.
-E en Poio, como valora a situación da súa estrada principal?
-No treito entre Covelo e Raxó, en Poio, no que se fixeron medidas para ampliar a seguridade peonil e para os vehículos, coido que a transformación da estrada foi moi para mellor. É certo que tamén queremos facer un seguimento da evolución da PO-308 neste tipo de actuacións, porque tamén os usuarios necesitan irse acostumando a elas. Son vías que seguen en servizo mentres se executa a obra, pero a verdade e que si estamos vendo a súa eficacia na redución dos accidentes con esta serie de actuacións que fixemos nas estradas da comarca do Salnés.
-Que queda por facer para dotar de máis seguridade viaria á PO-308 ao seu paso por Poio?
-Loxicamente non se pode acometer todo á vez porque, en primeiro lugar, non é a única estrada de Galicia que precisa de melloras, e ademais é unha estrada moi intensa en todos os sentidos. Neste momento estamos traballando niso, de feito aprobamos os proxectos no mes de agosto para facer agora as expropiacións de todo o treito anterior a Combarro, dende Fontenla ata a vila, que se vai a executar dun modo de xeito inmediato. Trátase dun proxecto de mellora da seguridade viaria e dunha implantación de senda peonil, un modelo moi similar ao que se realizou entre Covelo e Raxó. O mellor para saber como vai quedar esa zona, ademais de consultar os planos, é que nos estamos reflectindo no espello das obras xa feitas. Os proxectos están aprobados, e para as expropiacións están a piques de publicarse as convocatorias de levantamento de actas para os afectados. E será unha obra a executar en moi pouco prazo. En paralelo vanse tamén avanzando con outros proxectos como o de senda entre Combarro cara Chancelas, e tamén noutras propostas de mellora da seguridade viaria noutros treitos da PO-308. É unha estrada que demanda atención continua, como poden ser outras similares que hai en Galicia como a PO-551 no Morrazo, ou a estrada Vigo-Baiona, pola súa intensidade, pero nas que imos avanzando de modo importante na súa posta a punto.
-Unha das peticións do Concello de Sanxenxo refírese ao tramo da PO-308 entre a rotonda de Arnelas e a vila de Portonovo.
-Entre Portonovo e Sanxenxo fixéronse nestes últimos tempos melloras importantes, no firme e na seguridade viaria na súa sinalización. Non é un treito que teña unha problemática de mobilidade peonil porque aí hai espazos amplos para o tránsito e os treitos que quedan pendentes e que quedan por traballar son o que chaman a pequena circunvalación de Sanxenxo, o que sae da estación de autobuses e vai cara Portonovo. E un treito que no seu día se fixo con características de estrada pura e probablemente chega con facerlle unha mellora da seguridade peonil pois vai acompasada aos procesos urbanizadores que hai nas súas marxes, que tamén van contribuír a elo. .
-E que pode dicirnos sobre a estrada da Lanzada, que atravesa o casco urbano de Portonovo ata Canelas?
-Esa travesía, como outras da PO-308, foi executada no seu día con criterios doutras épocas e que probablemente tamén haxa que actuar nela.
-Cal é a idea que ten a Xunta para o tramo final da Autovía do Salnés? Desdobrar, facerlle un carril máis e que sexa reversible como propuxo recentemente o alcalde Telmo Martín? Executar outra solución?
-Eu agradezo o espírito construtivo neste caso do alcalde de Sanxenxo propoñendo solucións. Levamos tempo tentando avaliar solucións que sexa compatibles coas figuras de proteción ambiental que hai na zona da Lanzada, que motivaron no seu día un informe desfavorable, en canto a conservación da natureza, pola afección no patrimonio natural. É que estamos falar dunha das zonas onde se acumulan máis figuras de protección natural das que existen en Galicia, porque estamos falando de protección de aves, de Rede Natura 2000 e outras. Evidentemente, hai que tratar cunha solución que compatibilice a mellora do tráfico e da capacidade coa non afección a eses espazos naturais. E a proposta de Telmo Martín é para avaliala e nós seguimos recabando datos para poder validar a solución que se empregue alí. É un treito moi complicado. Xa se veu no seu día cando se eliminou o paso de peóns que cruzaba na Lanzada, e xerou inseguridade peonil. A cambio púxose un semáforo con pulsador, que despois deu problemas de tráfico. O que tamén sabemos é que son problemas que se producen no verán en certas datas e certas horas do día e polo tanto a solución ten que ser proporcionadas á problemática que se da.
-Entendo ben, entón, que non hai ningunha resolución tomada sobre este treito por agora?
-Non, de feito a que se tome nin sequera a poderá decidir a Axencia Galega de Infraestruturas en materia de estradas, senón que dende aquí se formulará unha proposta que terá que ser debatida a nivel público polos concellos afectados, pola sociedade civil en xeral e polas asociacións de conservación da natureza. Calquera proposta que vaiamos formular loxicamente vai ter que ser obxecto, polo territorio que atravesa, dun importante proceso de información pública, no que o resultado desa participación pública e da elaboración de informes sectoriais será o que defina a fórmula definitiva dese treito da vía de alta capacidade do Salnés.