Patrocinado por

Maside presume de belén

La Voz

VEN A GALICIA

Santi M. Amil

María Jesús Nóvoa é a autora de máis de dous mil pezas

30 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai seis anos que María Jesús Nóvoa Fernández comparte o seu belén artesán, con preto de 90 metros cadrados e máis de 2.500 pezas, cos seus veciños de Maside. Comezou facendo construcións para a súa casa ata que unha compañeira da asociación Casa Aberta da localidade dixo que era unha pena que os seus traballo non puideran ser vistos por máis xente. Os edificios son de poliuretano e a maioría deles recoñecibles, xa que representan construcións existentes no municipio, como o antigo grupo escolar, sede actual da asociación Casa Aberta, a Casa Grande da praza de Maside, a igrexa parroquial ou o consistorio. Este ano, como novidade, incluíu o cuartel da Guardia Civil, onde se atopa actualmente o centro médico. Pero María Jesús Nóvoa acordase dos concellos limítrofes das comarcas do Ribeiro e do Carballiño. Así, este Nadal pódese ver a clínica veterinaria Clinican, a reloxería Espa Quarz, o estanco Nº 5 ou a ferraxaría Botana. O belén, que está na sede da asociación, pódese visitar ata o día 6 de xaneiro de 16.00 a 19.00 horas. «Empecei pouco a pouco, pero a xente pídeme que faga máis pezas», explica. Faino por gusto pero a preparación do belén leva o seu tempo. Segundo explica, empeza a pensar nas pezas do ano seguinte no mesmo momento que recolle o belén, o 6 de xaneiro. Un arduo traballo no que non falta o apoio do seu marido. Di que axuda coa pintura dalgunha das pezas.