Patrocinado por

Carolina Rubirosa representará a Galicia no Liet Festival, o Eurovisión das linguas minorizadas

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

VEN A GALICIA

Carolina Rubirosa durante un concierto en A Coruña en agosto do 2021
Carolina Rubirosa durante un concierto en A Coruña en agosto do 2021 ANGEL MANSO

A galega concorre coa canción «O teu camiñar», cuxo videoclip é a peza promocional oficial do Camiño Inglés

09 feb 2022 . Actualizado a las 19:24 h.

Galicia estará presente na edición 2022 do Fiet Liet International, o festival coñecido como o Eurovisión das linguas minorizadas, e farao da man de Carolina Rubirosa. A artista nada no Grove e afincada na Coruña será a representante galega no evento que se celebrará o día 13 de maio en Tonder, Dinamarca.

Rubirosa enfrontarase a outros 12 participantes seleccionados por un xurado, chegados de diferentes países como Alemaña, Francia, Italia, Noruega ou Holanda, entre outros.

A galega concorre de maneira presencial por primeira vez a este festival coa canción O teu camiñar, cuxo videoclip é a peza promocional oficial do Camiño Inglés. Protagonizado por Julia Baird, irmá de John Lennon, é unha iniciativa do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, co patrocinio do Xacobeo 21 e vén de gañar un premio internacional no Art & Tur International Tourism and Film Festival de Aveiro, Portugal.

Esta é a segunda vez que Rubirosa é seleccionada para representar a Galicia no festival musical, que se celebra cada dous anos. No 2020 foi elixida a súa canción Sozinha, pero a situación sanitaria polo coronavirus non permitiu a realización presencial do certame, que se adiou ata o 2021, nunha edición virtual televisada pero non competitiva.

Outros artistas galegos como Uxía ou Narf participaron en pasadas edicións.  Carolina Rubirosa está a piques de presentar un traballo no que musica poemas de artistas galegos e estranxeiros.