Patrocinado por

A Foliada melidense volve a finais de abril coa actuación de Tanxugueiras

La Voz MELIDE / L A VOZ

VEN A GALICIA

ROCIO CIBES

Manterá o seu formato orixinal, cos tradicionais Cantos de Taberna e o Serán, así como mostra de artesanía e obradoiros

13 feb 2022 . Actualizado a las 01:20 h.

Melide volverá a celebrar, a último fin de semana de abril a Foliada, un encontro coa música e co baile galegos co que a Asociación O Castelo situou á localidade como un referente da posta en valor e reivindicación do folclore popular propio. No marco dese xénero, Tanxugueiras, o grupo do momento logo da súa participación no festival para elixir a canción que representará a España en Eurovisión, encabezará o cartel da cita, que regresará da man do Concello melidense. No 2020, o colectivo que impulsou a Foliada cedeulle os dereitos de imaxe, e a marca do evento á administración local, que, logo de suspender a cita os dous últimos anos a causa da pandemia, anunciou a que será á décimo quinta edición da Foliada para os días 23 e 24 de abril. Manterá o seu formato orixinal, cos tradicionais Cantos de Taberna e o Serán. Ademais, ao longo da fin de semana celebraranse a mostra de artesanía, obradoiros e outros actos.