Patrocinado por

A programación do Entroido de Lugo, día a día

Lorena García Calvo
Lorena García Calvo LUGO / LA VOZ

VEN A GALICIA

O Entroido de Lugo incluirá 15 actividades
O Entroido de Lugo incluirá 15 actividades ALBERTO LÓPEZ

Cultura proxecta quince actividades que comezarán o día 22 e rematarán o 4 de marzo. Haberá dous concursos de disfraces

17 feb 2022 . Actualizado a las 18:32 h.

O programa de actividades do Entroido de Lugo incluirá 15 propostas entre o martes 22 de febreiro e o venres 4 de marzo. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, debullou o planing, que incluirá un concurso de disfraces na tarde do sábado 26 para a categoría infantil e outro o 1 de marzo para os adultos. 

Martes 22

A Tradescola organizará o Folión de Entroido. Partirá ás 17.00 horas do Centrad e todos os alumnos e alumnas que queiran participar irán marcando os ritmos con bombos, tambores, chocas e outros utensilios de labranza. O pasarrúas percorrerá varias zonas do centro da cidade e haberá pequenos impases con bailes e cantos típicos destas datas. 

Venres 25

O pregón do Entroido correrá a cargo do músico local David Taboada. Logo, a partir das 20.30 horas, a charanga Unión Phenosa percorrerá o recinto histórico.

Sábado 26

A partir das 12.30 comezará a animación coa actuación de Tambukada, que continuará ás 14.00. Todo será polo centro. A partir das 17.00 comezará na Praza Maior o desfile infantil de disfraces. Mentres o xurado delibera, actuará Kote Malabar. Dende as 20.30 horas tocará a charanga Asociación Amigos da Terra Chá. 

Domingo 27

Gala de circo de entroido Introitus, a cargo de Culturactiva.

Luns 28

A compañía de teatro Down Lugo e Cía representará «Ti te me deixas querer?» no fondo da Praza Maior a partir das 19 horas. Ás 20.30 horas a charanga OT fará un pasarrúas polo centro da cidade. 

Martes 1

Ás 12.30 horas sairá da Praza Maior o espectáculo itinerante Pakonstein, da compañía Discípulos de Morales. Pola tarde, dende as 17 horas, terá lugar o concurso de disfraces na categoría de adultos. Ás 18.30 horas a charanga Paradela comezará a realizar actividdaes de animación na rúa polo centro da cidade. 

Venres 4

Enterro da Sardiña, organizado pola asociación Pepe Barreiro.