Patrocinado por

Roteiro e Caldo de Gloria para lembrar a Rosalía en Allariz

La Voz OURENSE / LA VOZ

VEN A GALICIA

Santi M. Amil

A obra gañadora do Festival de Xardíns está dedicada á autora

19 feb 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

No mellor dos escenarios acaídos para a ocasión, o xardín dedicado a Rosalía de Castro que gañou o Festival Internacional de Xardíns, o Concello de Allariz presentou as actividades coas que celebrará o Día de Rosalía. Festividade que este ano pasa ao 23 logo da investigación que demostrou que ese día, e non o 24 como se pensaba ata o de agora, foi a xornada na que naceu a escritora.

A traxectoria da autora e a súa loita na defensa da muller foron aspectos destacados pola alcaldesa Cristina Cid á hora de presentar as actividades. O día 23 haberá un roteiro teatralizado. De A historia de Allariz e a poesía de Rosalía van da man, que así se titula, haberá tres pases. Pola mañá haberá dous para o alumnado do IES de Allariz e ás 18.00 horas un terceiro que será aberto ao público. O espectáculo, con música en directo, comezará o percorrido na Praza do Eiró.

Concello —dende a área de Promoción Económica, Comercio e Turismo—, Fundación Rosalía de Castro e varios establecementos hostaleiros da vila colaborarán para que nas cartas dos locais figure o Caldo de Gloria os días 23, 26 e 27 de febreiro. O poema orixinal donde a autora explica como facer un caldo de gloria poderase ler nos manteis dos sete establecementos que participan na iniciativa. Tamén se poderá degustar o día 26, a partir das 12.00 horas, no Mercado da Reserva da Biosfera.