Patrocinado por

Homenaxe este mércores en Burela a Rosalía de Castro, cun recital musical a cargo de Estíbaliz Veiga

La Voz BURELA / LA VOZ

VEN A GALICIA

TVG

Será ás 13.15 na Casa de Cultura nun acto aberto ao público

22 feb 2022 . Actualizado a las 12:23 h.

A Concellería de Cultura do Concello de Burela organiza un recital poético musicado tributo a Rosalía de Castro, que se celebrará este mércores 23 de febreiro na Casa da Cultura ás 13:15 horas. Estará interpretado pola actriz mariñá Estíbaliz Veiga, á que acompañarán Erica González ao acordeón e David Castro á guitarra.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “o próximo mércores, 23 de febreiro, celebrarase o Día de Rosalía. É unha xornada moi importante para as letras galegas e para Galicia en xeral. Cambiouse a data, antes era o 24 de febreiro pero parece que, segundo as últimas investigacións, ela naceu o día 23”. É un acto de homenaxe aberto ao público ao que están convidados os estudantes de ambos os dous institutos e alumnado dos colexios.