
As sabas brancas e os choros volveron encher de festa as rúas
02 mar 2022 . Actualizado a las 19:12 h.Desexando vivir por fin outro Enterro da Sardiña, logo de que a pandemia do coronavirus obrigase a suspender os actos da edición do 2021, se atopaba este mércores pola mañá Francisco Chao Puentes, un dos históricos entroideiros de Viveiro. As «autoridades» que participaron no desfile reuníronse ó mediodía no bar O Recuncho, situado ó comezo da Rúa Pastor Díaz, antes de saír en comitiva cara a antiga Casa do Concello, onde tivo lugar a clásica recepción oficial.

Pola tarde, descubriuse unha placa conmemorativa e os nenos protagonizaron o Enterro da Parrochiña, pouco antes de que os adultos gozasen do Enterro da Sardiña, que arrincou na Praciña da Herba e culminou na Praza Maior. As sabas brancas e os choros volveron encher de festa e troula as rúas do centro histórico viveirense.


Mentres tanto, Burela tamén despediu con festa o Entroido máis esperado cun Enterro da Sardiña que partiu da zona do Mesón O Poeta e transcorreu ata O Penoural.