Mondoñedo celebra este sábado o seu desfile de Entroido e o domingo Lourenzá e Viveiro
VEN A GALICIA
Fin de semana de Carnaval aínda na Mariña e festas infantiles
04 mar 2022 . Actualizado a las 22:30 h.Mondoñedo celebrará este sábado, 5 de marzo, o seu gran desfile de Entroido. A cita festiva dará comezo ás cinco e media da tarde do Campo dos Paxariños, na Alameda dos Remedios, e percorrerá a Avenida das San Lucas e as rúas Bispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso antes de culminar na Praza da Catedral. Unha vez alí, a orquestra Principal ofrecerá o primeiro pase dunha actuación que volverá encher de música de verbena o centro da cidade episcopal.
Para as nove da noite está prevista a entrega do concurso infantil de premios, no que participarán nenos de ata 12 anos, mentres que ás doce da noite comezará a entrega do certame de adultos. Ó rematar, a orquestra Principal volverá a tocar ata a unha da madrugada.
Previamente, pola mañá, a partir das 12.00 horas, terá lugar o concurso e Premio Especial de Grupos de Batería e Percusión. Os organizadores recordan que os participantes e os asistentes ó desfile deberán cumprir a normativa aprobada polas autoridades en canto ás medidas sanitarias derivadas da pandemia do covid. De aí que sexa obrigatorio o uso de mascarilla, e a presentación do certificado covid ou dunha PCR con resultado negativo realizado nas 72 horas previas ó inicio do desfile. Tamén sinalan que, en caso de choiva, os promotores adaptarán a cita para que todo o mundo poda gozar dela do mesmo xeito. Con todo, as previsións de Meteogalicia anuncian que os ceos lucirán nubes e claros e poderase desfrutar do desfile.
O domingo será en Lourenzá onde terá lugar o desfile pola tarde, que acostuma a ser moi participativo. E tamén Viveiro celebrará o seu desfile este domingo, ao ser aprazado o martes pola chuvia. Ademais hoxe hai festas infantiles en varias localidades, entre elas Ferreira.