O enterro da sardiña e a lectur dos ferretes baixaron o telón da programación cultural da cidade
04 mar 2022 . Actualizado a las 21:26 h.Acabouse o entroido 2022. A ciade de Lugo despediu a celebración co tradicional enterro da sardiña. Unha proposta organizada pola Asociación Pepe Barreiro que comezou diante do Círculo das Artes e percorreu rúas do casco histórico ata rematar na Praza Maior, onde se leron os ferretes presentados ao concurso deste ano, que chegou á súa 17 edición.
Catro porteadores vestidos de amarelo foron os encargados de transportar o cadaleito da sardiña. Tras eles, unha comitiva de variada na que non faltaron os antifaces, os sombreiros e as coroas de flores para mostrar o pesar polo adeus ao antroido.
Na rúa, lucenses e visitantes desfrutaron dun espectáculo no que tampouco faltou a música. Un elemento máis que axudou a despedir unha celebración que non se repetirá ata o próximo ano.