A asociación O Picato organizou a última cita do Entroido mariñán do 2022
13 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Ao redor de 500 persoas disfrazas recorreron as rúas de Trabada este sábado á tarde no desfile de Entroido que organizou a asociación cultural O Picato en colaboración co Concello e a Deputación. «Choveu ó mediodía, pero agora estase moi ben», sinalaron pasadas as sete da tarde os organizadores dunha cita moi esperada por ser a última deste ano na Mariña, e á que se achegou xente de Foz, Lourenzá, Ribadeo, O Valadouro, A Veiga, Tapia, Castropol e mesmo Outeiro de Rei. No concurso oficial inscribíronse seis comparsas (Sin Xeito, Habelas Hainas, Ruxe Ruxe ou Macanudos, entre outros colectivos de máis de dez persoas que presentaron un espectáculo de baile ou coreografía empregando elementos de percusión como pitos e turutas marcados por un bombo ou caixa), sete grupos (integrados por 3 ou máis persoas), un disfraz individual (menor de 12 anos), tres parellas, tres disfraces infantís, un socio e tres carrozas.
Pulpería Mario e verbena
Na entrega de premios, programada para as doce da noite, estaba prevista a entrega de 3.000 euros. o xurado valorou a orixinalidade, ademais do grado de elaboración e a calidade dos disfraces. Pulpería Mario de Viveiro ofreceu durante toda a xornada servizo de bar e comida, mentres que pola noite houbo verbena amenizada polo Grupo Eureka e Dj Decibelios. Por mor do protocolo covid-19, era obrigatorio desfilar con máscara.