Patrocinado por

Primeiras confirmacións para as Festiletras 2022, no Couto

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VEN A GALICIA

ADRIÁN VARELA

Son Xabier Díaz, Rodrigo Cuevas The Rapants e Carlangas DJ Set, avanzou a organización

26 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 1 ao 4 de setembro • A Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso deu a coñecer este venres algúns dos primeiros nomes de artistas que pasarán pola vindeira edición das Festiletras. Non será una edición calquera, senón a dos 40 anos, un festival co que colaboran un bo número de entidades e que este 2022 se levará a cabo do 1 ao 4 de setembro. As Festiletras son a celebración das Letras Galegas da Aldea do Couto, unha marca propia que atopou nese mes, a raíz da pandemia, un bo tempo para festexarse, sen que por iso deixe de haber actos en maio.

Foron as redes sociais as empregadas para dar conta deses primeiros avances, que non son outros que os de Xabier Díaz, Rodrigo Cuevas The Rapants e Carlangas DJ Set. Axiña se irán sumando «moito máis», pero polo de pronto a acollida e valoración destas propostas xa está a ser sumamente boa.