Patrocinado por

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, na Mostra do Encaixe de Camariñas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VEN A GALICIA

BASILIO BELLO

O artista dará un concerto o sábado 16 e, antes, presentará parte do seu repertorio na pasarela da Mostra

31 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Continúa o regueiro de confirmacións de cara á próxima Mostra do Encaixe de Camariñas. Mais, nesta ocasión, non se trata dun reputado deseñador ou dunha prestixiosa firma de moda, senón dunha actuación musical que se sumará á da orquestra El Combo Dominicano, xa anunciada para o 17 de abril.

Un día antes, na noite do sábado 16, recalará en Camariñas Xabier Díaz, que dará na vila o que será o seu primeiro concerto ao aire libre deste ano. Estará acompañado, como xa vén sendo habitual, polas Adufeiras de Salitre e todos xuntos actuarán a partir das dez da noite na Praza do Mercado da Vila.

Unhas horas antes, o artista subirá á pasarela da XXXI Mostra do Encaixe para ofrecer un pequeno adianto do seu repertorio, centrado sobre todo no seu último álbum, As catedrais silenciadas. Así llelo confirmou á alcaldesa, Sandra Insua, así como a varios concelleiros, nunha visita que Díaz fixo ao Museo do Encaixe.