Patrocinado por

Dolores Lema: «Estou totalmente convencida de que hai relevo para o encaixe»

Patricia Blanco
PATRICIA BLANCO CARBALLO / LA VOZ

VEN A GALICIA

ANA GARCIA

Directora da Mostra de Camariñas, declárase feliz por poder ter «unha desas Mostras de sempre», unha 31.ª edición especial con dez delegacións internacionais. Volve o encontro á súa data habital, Semana Santa. La Voz de Galicia terá nel, por certo, un estand propio

03 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

«Cando se traballa con tanta ilusión, o esforzo que haxa que facer esquécese», afirma Dolores Lema (Pescaduira, Xaviña, Camariñas, 1972). Logo de dúas Semanas Santas sen poder levar a cabo a Mostra do Encaixe, pola pandemia, este 2022 é o de retorno «á normalidade»: «O covid mudounos os esquemas, agora non só se valora máis o rural senón que apreciamos iso, o normal, e esta Mostra [31.ª edición] ten que ser espectacular, perfecta, porque volvemos á estrutura de sempre, coas novidades que imos incorporando cada ano, claro».

Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, hai dous decenios que dirixe este encontro e só ten palabras de agradecemento para todos cantos a fan posible. Non cansa. A súa filla [ten dous] ata lle di que, chegado este tempo, na localidade «ule a Semana Santa». É primavera, vida, nun municipio no que son referenciais a asociación profesional Rendas e a asociación Puntillas.  Na Semana Santa da Costa da Morte, a Mostra de Camariñas, declarada de Interese Turístico dende o 99, é unha meca ineludible.

—Sempre fala dun traballo en equipo, e hai moita mocidade.

—O piar fundamental da Mostra é o voluntariado. Eu tamén o fun, e coma min moitos outros. Temos para esta edición un número importante, volvemos a esas Mostras de sempre, con cento e pico de palilleiras de diferentes puntos de Galicia cada día. Volven as delegacións internacionais, con estand...

—De onde chegan?

—Son dez. De Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Italia, Polonia, Portugal, Suiza e República Checa. De Italia chegan dúas delegacións, unha de Novedrate, cidade coa que estamos irmandados, e outra de Trápani. De Portugal, outras dúas: Peniche, tamén irmandados con nós, e Serra d’el Rei.

Diego Alonso

—Que destaca do novidoso?

—O espazo VodaEncaixe e a segunda edición do desfile de ArtEncaixe, pezas de 12 artesáns galegos ás que sumamos encaixe físico: en complementos, xoiería, vidro, téxtil, cerámica... Este ano subirase á pasarela, por vez primeira, a olería de Buño, participando catro artesáns, e tamén a oenegué Égueire, que incorpora encaixe ás súas creacións. Menciono estes casos, pero podería falar de todos, ten moito mérito.

—Parece claro que o encaixe non ten límites, que pode ir máis alá de enxoval doméstico ou a moda.

—Amosar iso é a nosa idea. Promocionar o encaixe, pero tamén mostrar as diferentes utilidades desta artesanía. Enviámoslle aos artesáns o encaixe por catálogo, para que o traten sen medo, e o resultado non pode ser mellor. Múdase a cor, a textura, parece algo moi distinto a ese encaixe branco que saíu de Camariñas, pero aí está, son fíos de algodón. Para que a xente coñeza realmente o encaixe hai que darllo a probar: é delicado, non imos dicir que non, pero pódese traballar de moitas formas e ArtEncaixe así o mostra. Unha peza artesá sempre é de valorar, e se é dobremente artesá, como ocorre aquí, pois penso que máis aínda.

—Calcularon algunha vez canto encaixe precisan producir para unha Mostra de Encaixe habitual?

—Non hai fábricas, non hai stock, isto é todo artesán, feito a man. As palilleiras teñen que crear encaixe para o desfile das grandes firmas, para os Jóvenes Diseñadores e, dende hai dous anos, tamén para ArtEncaixe. Este ano déuseme por contabilizar no caso dos Jóvenes Diseñadores e saíron de aquí de Camariñas, e de puntos limítrofes, uns mil metros de encaixe. Habería que sumarlle aínda os outros dous apartados.

—Que ofrecerán en VodaEncaixe?

—É un espazo para o sector das vodas, novidade este ano, que iniciamos con empresas locais e tamén da man do deseñador Jose Matteôs. Alí estarán os seus vestios de noiva, pero tamén case todos os sectores que un precisa tocar para unha cerimonia así: vehículos coa firma Alebura, unha floristaría que aplica encaixe nos ramos, detalles de voda, fotografía... Sumando gañamos todos, como eu digo, e con esta zona, que chamará a atención, gaña a Mostra con novas propostas e gañan tamén estes proxectos locais en visibilidade.

JOSE MANUEL CASAL

—Na súa familia houbo palilleiras e vostede ten dito que o mundo dá voltas. Hoxe hai xente que, efectivamente, vive do encaixe.

—Todas as tendas que se poden ver en Camariñas, fisicamente, pero tamén aquelas que venden en liña, na rede. Arredor do encaixe están palilleiras, costureiras, deseñadores, as encargadas de picar, a profesora que aquí dá clase todo o ano na escola municipal... Moito movemento directo, e logo o indirecto. Mudaron os tempos, claro. Miña avoa palillaba de feira en feira para vender, sobre todo, na da Ponte: mantelería, encaixe por metro ou por vara, como se dicía. Agora hai outra innovación, abríronse novos nichos de mercado, houbo que evolucionar cara outros traballos, pero sen perder a esencia nin á mirada aos deseños antigos.

—Teñen Escola de Palillo e o seu reflexo na pasarela, o PequeEncaixe. Cre que hai relevo para esta artesanía tradicional?

—Estou totalmente convencida. A concelleira Lara Pasantes é un exemplo. Foi unha nena de palillar na Escola Municipal, estudou logo Deseño de Interiores e hoxe dedícase á súa paixón, o encaixe, pero cos coñecementos da súa formación. Non tendo sabido palillar, isto tal vez non sería así. En Camariñas queremos que nenas e nenos coñezan o encaixe, e fano: a proba está en que temos unha media de cincuenta cada ano na escola. Logo cada un busca os seus gustos, pero ese saber de base está aí. A miña filla hoxe ten 15 anos, é unha das máis grandes do PequeEncaixe, pero de momento segue adiante.

—La Voz ten unha promoción con opción a facerse con mantelería con encaixe de Camariñas. Ten presenza no seu fogar? Que aporta?

—Encaixe nos estores, nos manteis... ata nos mobles do comedor! Por encaixe que non sexa na casa. É un signo de identidade e eu son, ademais, moito de gardar recordos. Esta puntilla que fixo miña nai, esta outra de miña avoa... Cada peza ten unha historia.

La Voz de Galicia tendrá un estand propio en la Mostra

En el recinto de estands habilitado en la Mostra do Encaixe de Camariñas no solo estarán los de las delegaciones de encaje internacional o los del novedoso apartado VodaEncaixe, sino también otro tipo de propuestas. Uno de ellos, el que instalará La Voz de Galicia para acercarse, todavía más, a sus lectores. «Vai quedar moi bonito», dice Dolores Lema, directora del encuentro artesano. Pronto se irán conociendo nuevos detalles acerca de esta propuesta que, en todo caso, permitirá a quienes se acerquen acceder a tres ofertas para la ocasión:

Suscripción periódico en papel. Con un coste al mes de 19,95 euros: descuento del 54 %.

Colección completa de Valle Inclán. Los interesados podrán hacerse con un total de 14 volúmenes de este escritor referencial por tan solo 59 euros.

Paraguas Encaixe de la Colección de Sargadelos: 29,95 euros. Arte y esencia contra la lluvia.

La Voz de Galicia, de otro lado, tiene en marcha una promoción para hacerse con una vajilla de Santa Clara. Tradición y elegancia en la mesa. Al término de la campaña, quienes hayan completado sus cartillas con cupones podrán entrar en el sorteo de manteles individuales y servilletas con encaje de Camariñas, además de un mantel a medida con esta misma artesanía incorporada. Las palilleiras ya han estado trabajando en ello, con distintas pruebas hasta dar con la que han visto más acertada. Añadieron, incluso, unos posavasos: «Penso que lle cadraba moi ben», avanza Dolores Lema, que también da algunas pinceladas sobre la opción elegida: un encaje delicado y elegante, que será del gusto, cree, de aquel al que le guste mucho esta artesanía, pero también de aquel que prefiera diseños más sencillos. Las creaciones hechas para la ocasión se podrán ver en este estand que La Voz instalará en la Mostra do Encaixe.

Creaciones de Dolores Cortés
Creaciones de Dolores Cortés

Dolores Cortés, nueva confirmación para el desfile de grandes diseñadores

Nueva confirmación para el desfile de grandes diseñadores, grandes firmas, en la Mostra do Encaixe 2022. Se trata de Dolores Cortés, quien acudirá por quinta vez. Presentará una colección de trajes de baño «diferente»: «Me ilusiona que cuenten conmigo. Hacer bañadores con encaje no es habitual, supone para mí un desafío interesante», explicó al Concello. Incidió en que conjugar ambos apartados ha sido para ella «un descubrimiento exitoso» que, de hecho, llevó a la pasarela Mercedes Benz Fashion Week (Madrid). Aprecia que el encaje aporta un punto artesanal, singular y diferenciador.