Desde el 30 al 8 de mayo
24 abr 2022 . Actualizado a las 21:41 h.Los vecinos de Canido preparan ocho días de celebración para los Maios y la Santa Cruz. Desde el próximo sábado hasta el 8 de mayo habrá atracciones en la calle Poeta Pérez Parallé. Para el primer día, el programa incluye un taller para construcción de los elementos florales, desde las 17.00 horas, en el patio del centro cívico de este barrio ferrolano. Un poco más tarde se abrirá, en la sociedad recreativa de Canido, la muestra Argalladas, de Carla Villamil.
El domingo habrá mercado de segunda mano desde las 11.00 en la plaza de Fernando Miramontes y feria del disco en el centro cívico, con diez sellos independientes y sesión vermú. A las 12.45 horas se presentará el libro Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo, de Fernando F. Riego.
Y mientras, en la plaza de la Tafona, se instalará el tradicional toldo solidario en el que se podrán degustar tapas y colaborar con causas sociales del barrio al son del grupo Transfussions de San Xurxo. Al tiempo habrá foliada en la calle Alegre y por la tarde, juegos tradicionales para los más pequeños. La programación sigue toda la semana con actividades y una merendola dedicada a tres vecinas centenarias.
Programa
- SÁBADO, DÍA 30 DE ABRIL
PATIO DO CENTRO CÍVICO. De 17.00 h. A 19.00 h.
CONSTRUCIÓN DE MAIOS DE ALTAR/MESA.
S.R.y D. CANIDO (planta baixa). Ás 20.00 h.
PRESENTACIÓN EXPOSICIÓN PINTURA (acuarela e acrílico).
“ARGALLADAS”, de Carla Villamil
- DOMINGO, DÍA 1
PRAZA F. MIRAMONTES. De 11.00 h. a 19.00 h.
MERCADO POPULAR de segunda man, artesanía e antigüidade.
PATIO DO CENTRO CÍVICO. De 12.00 h. a 19.00 h.
FEIRA DO DISCO.
10 selos discográficos independentes ferrolás e galegos. Sesión vermú: Acústico
de Los eternos. Pinchadas: Agostinho Dj + Maritxu Alonso + Óscar CGTH.
Ás 12.45 h presentación do libro “Suso Vaamonde. A canción libre e
comprometida dun pobo” (edi. Galaxia) de Fernando F. Riego.
PRAZA DA TAFONA. De 12.00 h. a 16.00 h.
TOLDO SOLIDARIO.
Integra festa e compromiso cos empobrecidos, onde o barrio se expresa abertamente como lugar de acollida. Veciñanza compartindo un presente e un futuro mellor cos máis febles sen perder o espírito festeiro.
SESIÓN VERMÚ. TRANSFUSSIONS. Grupo que surxe en San Xurxo, que flue entre diferentes estilos que van dende o reggae ata o rock pasando polo indie e o blues. Son: Alberto, voz e guitarra; Roberto, guitarra; Pepe, baixo e Javinchi, batería e voz. RÚA ALONSO LÓPEZ, INSÚA, ALEGRE E PRAZA DO CRUCEIRO. De 13.00 h. a 15.00 h.
FOLIADA CON DONAS E GALÁNS + AMIZADES + OBRADOOIRO DE PANDERETA. Música e baile tradicional na rúa.
PARQUE ANTÓN VARELA. De 16.00 h. a 19.00 h.
UBUNTU. Xogos e obradoiros. actividades, lúdicas i educativas, de promoción da sostenibilidade. Descubrimento, Destreza, Itinerario circense...Xogos tradicionais
- LUNS, DÍA 2
PATIO DO CENTRO CÍVICO. Ás 18.00 h.
OBRADOIRO DE CICLOS. De balde, para a prender a: Axustar o sistema de freos, cambiar un neumático e trucos de mantenemento
CENTRO CÍVICO. VESTÍBULO. Ás 19.00 h. Aberta ata o 12 de maio
INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN. Alumnado do obradoiro de pintura do monitor Juan Jose Piñón, participan: Francisco José Ebrero Díaz, María Luisa López Lago, María del Carmen Pita Castro, Mario Prieto Fernández, Julia Raindo Mosquera, Maximina Rey Ameneiros, Ángeles Santalla.
- MARTES, DÍA 3. SANTA CRUZ
PATIO DO CENTRO CÍVICO. Dende as 17.00 h.
CONSTRUCIÓN DE MAIOS
AMBIGÚ DA S.R.y D. CANIDO. Ás 18.00 h.
MERENDOLA INTERXERACIONAL E HOMENAXE ÁS CENTENARIAS
o Casilda López Dopico, 28 de febrereiro de 1922
o María Dopico Vega, 19 de abril de 1922
o Erundina Rodríguez Millarengo (1922-2022)
- MÉRCORES, DÍA 4
PATIO DO CENTRO CÍVICO. Dende as 17.00 h.
CONSTRUCIÓN DE MAIOS
AMBIGÚ DA S.R.y D. CANIDO. Ás 19.00 h.
PRESENTACIÓN LIBRO. “MAIOS EN CANIDO E CANIDO EN MAIOS” de
ÁNXELA LOUREIRO FERNÁNDEZ. Nº 33 da publicación FerrolAnálisis
CANTOS DE TABERNA. Alumnado do obradoiro, profe. Bea Rivas
- XOVES, DÍA 5
PATIO DO CENTRO CÍVICO. Dende as 17.00 h.
CONSTRUCIÓN DE MAIOS
AMBIGÚ DA S.R.y D. CANIDO. Ás 19.00 h.
PRESENTACIÓN EXPOSICIÓN PINTURA.
- VENRES, DÍA 6
FURANCHO DA SOCIEDADE RECREATIVA Y DEPORTIVA CANIDO.
Dende as 12.00 h. rúa Lili.
CENTRO CÍVICO. RADIO FILISPIM. Dende as 17.00 h.
PROGRAMA DE RADIO COAS ENTIDADES DA INTRABARRIAL
S.R.yD. CANIDO. Ás 18.00 h
EXHIBICIÓN DE TENIS DE MESA. Club Narón de tenis de mesa
PATIO DO CENTRO CÍVICO. Ás 19.30 h.
FESTIVAL ACORDEÓNS. Co alumnado de Xabier Díaz, rapaces moi xovenes, que pese a sua xuventude teñen recoñecidos numerosos premios en prestixiosos Certames de acordeón tanto nacionais coma internacionais (Certame internacional de Mondragón, Certame Internacional de Praga e Certame Internacional de Castelfidardo, entre outros). o Lucia Pérez, cantante galega cunha longa e existosa carreira musical. Ten 7 traballos discográficos editados, o último deles “Quince soles” co que celebra os 15 anos no mundo da música. Representou a España en festivais coma Viña del Mar en Chile, e no ano 2011 foi a primeira galega en representar a España no festival de Eurovisión en Dusserdolf (Alemaña). Así mesmo, ten presentado numerosos programas de éxito na Televisión de Galicia. o Joaquín Enríquez, é titulado en Economía e Mestrado en Banca e Finanzas pola Universidade da Coruña sendo actualmente profesor nesta Universidade na área de Economía Financeira e Contabilidade. Como intérprete de acordeón recibiu numerosos premios en certames nacionais e internacionais, chegando a representar a España no ano 2010 no “60 Trofeo mundial do acordeón”. Así mesmo, conta cun traballo discográfico en solitario, “Misturas” no que mostra como o acordeón ten cabida en diversos estilos musicais dende a música clásica á tradicional. Xabier Vízcaino, músico e compositor. As súas cancións falan de forma profunda e directa do mundo que lle rodea, das vivencias como camiñante neste mal ordenado desastre, baixo a batuta do amor, o desamor, o valor dos pequenos detalles, a inxustiza social, co aderezo dos instantes perfectos e lixeiros que a vida lle vai agasallando. Son cancións nobres e sinceras onde o artista sempre se ocupa da produción. No seu último traballo “Neno de Monte” ademáis de rescatar relatos da lingua de seus avós ocupouse de tocar, cantar, gravar, mesturar e optimizar o disco aínda que contou coa colaboración de amigos de recoñecida traxectoria musical como Tito Calviño, Roi Maceda, Pachi Cruz, Lucía Pérez ou o colombiano Juan Guevara. Rocio Rodríguez, Frautista da Banda Unión Musical de Meaño dende nena. Nos últimos años como a cara televisiva na TVG, tanto que o seu rostro ven asociado ao programa “Luar,” que presentou a tempada pasada xunto a Xosé Ramóm Gayoso. Así mesmo é a presentadora oficial da Federación de Bandas de Música de Galicia. Ten unha estreita colaboración co noso barrio ao ser a socia de honra da asociación de acordeóns e poñerlle voz á Canción de Canido musicada por Joaquín Enríquez con Letra de Antón Cortizas o Eva Faraldo, recoñecida bailarina da nosa cidade, que dende 1995 forma parte de Compañía de Danza Contemporánea Jesús Quiroga, sendo éste un coreógrafo pioneiro na evolución da Historia da Danza Contemporánea de Galicia. Apostando por creacións e produccións contemporáneas innovadoras cun estilo moi persoal e sen rexeitar a elegancia da danza clásica, teñen a oportunidade de actuar tanto en teatros nacionais como internacionais ( Portugal, Albania). Xa máis recentemente colaboraron co gran grupo musical Milladoiro ou co exitoso grupo de Oscar Ibánez &Tribo. Compaxinou a súa formación artística en danza coa formación musical, diplomándose en Maxisterio de Ed. Musical, así coma graduándose co título Superior de Piano. Dende 2008 é a mestra de música do colexio do noso barrio, o “Ceip Cruceiro de Canido”.
PRAZA DO CRUCEIRO. Ás 21.30 h.
CONCERTO. EL CRUCE. É unha banda ferrolá nacida en 1990 no barrio de Canido, concretamente no instituto de Canido, coñecido por aquel entón como "A filial". Despois de máis de 30 anos, voltan aos escenarios co seu enérxico pop-rock guitarrero,con temas propios da sua primeira época e algunha clásica versión. Está formada por: Santi Huete ? Batería, Pablo Gómez- Baixo, Javi Teijeiro, Guitarra, Javito Gómez - Guitarra e voz, Coke Blanco - Guitarra e voz.
PRAZA F. MIRAMONTES. Ás 22.30 h.
CONCERTO. Lidia India & Latexo (presentación do seu disco). Lidia India é unha cantora e compositora da comarca de Ferrolterra, no norte de Galicia. Tras a súa estancia en Sudamérica, principalmente en Brasil, a súa música vese influenciada polos ritmos afro-brasileiros que se mesturan coas súas raíces musicais galegas. Da mestura entre a banda de Lidia India e Latexo Percusión xorde un formato único, que eclosiona nesta proposta de World Music, formada por oito intérpretes e cun formato que inclúe entre os seus instrumentos principais: batería, baixo, guitarra, teclado, voces e un amplo set de percusión africana, brasileira, cubana e galega. A danza e unha coidada posta en escena son os outros dous grandes piares do proxecto. A formación está composta por: Lidia. Composición, guitarra, pandeiro, ukelele, danza; César. Batería, tumbadora, whistle; Irene. Percusión, danza; Claudia. Percusión, coros, danza; Tonino. Baixo eléctrico; Jorge. Teclado; Bea. Percusión, danza; Andrés. Percusión, coros e para este concerto os acompañan: Javi amor (guitarras) e Fausto Escrigas (saxo).
SESIÓN DJ. Marcial Bescos. Veciño do barrio de Canido. Os seus comenzos fronte os platos, foi no ano 2000.Compartiu cabina con dj,s internacionales como Derrick May, Kevin Saunderson, Reboot, Ben Sims, etc...E con dj,s nacionales como Cristian Varela, Pepo, Oscar mulero, etc... Os seus sets foron escoitados dentro e fora de Galicia por diferentes partes de España. Os seus estilos como Marcial Bescos, son as variantes da música electrónica.
- SÁBADO, DÍA 7
FURANCHO DA SOCIEDADE RECREATIVA Y DEPORTIVA CANIDO.
Dende as 12.00 h. rúa Lili.
CENTRO CÍVICO. Ás 12.00 h.
FESTIVAL. “INVENTA UNHA FLOR”.
A finalidade deste certame é promover o uso e corrección da lingua galega entre a mocidade, así como animala a valorar os nosos costumes populares, nomeadamente a Festa dos Maios, que no barrio de Canido nunca se perdeu. Os e as participantes imaxinan unha flor, dedícanlle un relato ou unha poesía (ou un traballo gráfico no caso do alumnado de infantil), exhíben os traballos, lenos se o seu é escollido, e participan na creación das letras de cancións que despois cada colexio interpreta na festa do certame. Ao considerarmos que a escola debe ser un axente dinamizador das nosas expresións culturais, decidimos intentar que o certame tivese carácter escolar, polo que trasladamos a proposta ás direccións dos centros educativos de Canido IES Canido, CEIP Cruceiro de Canido, Colexio San Rosendo e Colexio Juan de Lángara, esté ano incorporouse tamén o IES Ferrol Vello.
PRAZA DO CRUCEIRO. Ás 13.30 h.
SESIÓN VERMÚ. LOS ZARES.
Formado en 1968 en Neda a iniciativa de Manolo Pereira ao que acompañaron outros músicos en ciernes que eran conocidos de Astano. A formación inicial do grupo "LOS ZARES" cuio nome fue "bautizado" nas fiestas de San Isidro de Los Pazos (Neda) o 15 de Maio de 1968.
Percorreron toda a comarca e foron mhabituais na Sala La Perla. Hoxe seguen dando guerra e a formación actual é: José Saavedra, voz; Juan Vargas"Juangui", voz; Claudio Bernardez "Clotis", guitarra; Juan Luis Dopico, guitarra; Wenceslao Lopez, baixo; Carlos Noche, batería e Manolo Pereira, teclados.
PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DO CEIP CRUCEIRO DE CANIDO
HOMENAXE A PEPITO (José Veiga), socio colaborador da SRyD
Canido, entrega dunha placa a súa familia
Partidos de fútbol
o 17.00 h. Club de Campo A - Club de Campo B (biberóns, 3-5 anos)
o 18.00 h. Triangular Santa Mariña Fervenza SryD Canido (prebenxamíns, 6-8 anos)
PRAZA F. MIRAMONTES. Ás 20.00 h.
FESTIVAL. Rock en Canido (homenaxe a Tóñito).
Participan: La Banda del Camión, Fair Away Place, Mc Kuin e RiffRaff, coas voces de Jesús Trujillo, Bea Rivas, Susana Adalid, Santi
Souto e Manuel Rodríguez.
PRAZA DO CRUCEIRO. Ás 23.00 h.
Lilicleta: Triciclo do ano 1966 reciclado e trasformado nunha RETRODISCOTECA- AMBULANTE.
- DOMINGO, DÍA 8
FURANCHO DA SOCIEDADE RECREATIVA Y DEPORTIVA CANIDO.