O actor e humorista de Culleredo conta cal é o seu lugar preferido de Galicia
03 oct 2022 . Actualizado a las 13:31 h.O meu recuncho favorito é a praia de Carnota que vai desde Caldebarcos ata Lira. Podes estar só, podes pasear, podes xogar, podes correr... Toda esa zona é moi importante para min porque veraneei aí desde que era neno. Teño grandes recordos, tanto da xente coma do lugar. É un sitio marabilloso para descansar, para comer, para beber e para desfrutar da vida.
Xosé A. Tourñán é actor e humorista, nado en Culleredo