Patrocinado por

Perlas vermellas no Jerte de Belesar... e o viño de festa

Manuel Estévez CHANTADA

VEN A GALICIA

Bieito Ledo conversando co pintor Diz, no Café Nuevo Derby, en Vigo
Bieito Ledo conversando co pintor Diz, no Café Nuevo Derby, en Vigo

As dúas beiras de Belesar celebran esta fin de semana a festa do viño e as cereixas

19 may 2022 . Actualizado a las 19:35 h.

Diz, pintor; Bieito Ledo, editor, ambos os dous nas mesas do Nuevo Derby, restaurante ubicado no corazón de Vigo, moi preto onde outrora estivera o Goya, punto de encontro de ilustres da cidade.

Eusebio Prado, o restaurador que está á fronte, inquieto e soñador, amante do seu berce en terras de Chantada, forma parte da asociacion de Papeiros e Rabudos e propietario da Adega Fontao, unha das catro ubicadas na zona. As outras son Condado Sequeiros, con Francisco Varela; Terras Bendaña, con Porto; e Adegas Fortes, con Xesús Fortes.

Uns e outros alentaron no seu día unha festa para dar a coñecer os dous produtos que mellor se dan neste enclave, chámense viño ou cereixas, ambos os dous cantados polo polifacético nonaxenario Secundino Diz: «Late o mencía entre muras / nos bancales de Belesar / onde maduran as uvas / antes de vendimar».

San Bartolomeu de Belesar, que e así como se chama oficialmente esta freguesía de Chantada, que se mira no espello do Miño e cuxa vecindade reza a San Bartolomeu na igrexa que renaceu a mediados do pasado século a raíz da construción do encoro dos Peares. A mesma que garda e protexe un retablo barroco de 1747, procedente do templo que ficara no fondo das augas por mor da contrucción do encoro.

O río que vén de Fonte Miña divide este fermoso entorno natural ricaz en cerdeiras e cepas, ficando unha parte en O Saviñao e outra en Chantada. As dúas están unidas pola ponte de Belesar, levantada sobre os pilares doutra de orixe medieval, que durante séculos serviu de paso entre Portomarín e Ourense, e que se derrubara noutrora por mor dunhra crecida.

As cepas, carballos e cerdeiras dun lado e doutro míranse nas augas e segundo o pintor de Crecente: «As perlas bermellas / son como beizos acesos/ que parecen bicar/ como se miran nos espellos/ nas augas de Belesar».

Si señor, na próxima fin de semana están alí de festa. Alí onde noutrora foran outras voces convidadas a exaltar os productos no día grande: Sergio Pazos, Mouriño Cuba, Manola Porto, os irmaos Vázquez Portomeñe, Fonseca Moretón, o inesquecible Pepe Posada, entre outras destacadas personalidades do país galego.

O pregoeiro deste ano

Nos vinderos días ecoarán nun lado e noutro do pai dos ríos galegos as verbas dun ourensán afincado na cidade da oliveira que goza da distinción de honra que lle concedera a corporación municipal do Concello de Vigo polo seu compromiso e entrega cultural no campo editorial. Bieito Ledo, con berce ao carón do carballo de Padroso, en Xunqueira de Ambía, forxador de Ir Indo, a editorial que paríu a Enciclopedia Galega Universal e outros moitos títulos, chegará ao mesmo lugar que os peregrinos que elixen o Camiño de Inverno. Con certeza, estará acompañado dun amigo e irmao, o pintor Antón Pulido, para e deixar nas páxinas da historia da Ribeira Sacra, unha estela como as que herdamos de don Ramón Otero Pedraio, cando se dirixía aos galegos e os seus antecesores pregoeiros. Sera na XVI edición nesta fin de semana, a do 21 e o 22 de maio.