A senda circular de 15 quilómetros inspirada na obra En las orillas del Sar e que percorre os municipios de Padrón, Rois e Dodro estréase este sábado
20 may 2022 . Actualizado a las 08:54 h.Os Concellos de Padrón, Rois e Dodro inauguran este sábado a ruta Rosalía nos Camiños, unha senda circular de 15 quilómetros inspirada na obra En las orillas del Sar e que percorre os tres municipios. Nestes intres xa hay máis de 100 persoas anotadas na andaina, que este sábado terá carácter solidario. O prazo de inscrición remata hoxe ás 23,59 horas. Pódese facer a través da plataforma Emesports, pagando unha cuota de 3 euros. Todo o recaudado irá destinado á Asociación de Nais e Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar (Amipa).
A andaina parte ás catro e media da tarde do Paseo do Espolón de Padrón, para percorrer espazos significativos da vida e obra da escritora, como as Torres de Hermida, Os Fondóns, o cemiterio de Adina ou a casa na que viviu de nena. A senda é practicamente plana, cun único punto elevado no o monte Santiaguiño e transcorre na súa maior parte polas beiras dos ríos Sar e Rois. Dende a organización estiman que os primeiros participantes en completar a andaina do día 21 necesitarán unhas tres horas para percorrela.
Outra andaina que abre o derradeiro prazo de inscrición é a de Torres de Altamira, organizada pola asociación O Esquío no Piñeiro en colaboración co Concello de Brión. O prazo esá aberto ata o martes ata as 23,59 horas. A día de hoxe conta cun total de 457 participantes inscritos, cada vez máis preto dos 700 establecidos como obxectivo desta edición.
A proba terá lugar o sábado 28 de maio e inclúe tres percorridos: 14, 26 ou 50 quilómetros. "Se no 2019 logramos xuntar a 529 persoas, agora, que a proba está incluida na Liga de Sendeirismo da Federación Española de Montañismo, estamos seguros de que atraerá a centos de persoas, polo que o o obxectivo dos 700 participantes pode ser factible", sinala o alcalde de Brión Pablo Lago.