
A peza foi acuñada no século II a.C. en bronce, na cidade siciliana de Morgantina
26 may 2022 . Actualizado a las 13:29 h.A asociación cultural de recreación histórica Mercenarios Galaicos fixo este mércores a presentación da cuarta edición da moeda oficial castrexa do Arde Lucus, que se celebra do 9 ao 12 de xuño. O acto contou ca presenza do responsable da Área de Xuventude, Mauricio Repetto e una representación da asociación.
Nesta ocasión a moeda oficial Castrexa do Arde Lucus 2022 quere destacar a figura dos mercenarios que, dende a Hispania do século II a.C, foron a loitar nas guerras Púnicas do lado dos Cartaxineses. A moeda foi acuñada en bronce, na cidade de Morgantina (Sicilia), dada en pago por Roma a estes Mercenarios, por permitir a toma sen resistencia de Siracusa, último bastión Cartaxinés.

Como curiosidade, a moeda ten a inscripción Hispanorum no seu reverso en clara alusión á orixen Hispana destes Mercenarios. A moeda ten unhas medidas de 24 milímetros de diámetro e 1,3 de grosor. Vanse poñer a venda aproximadamente 1.500 moedas cun precio de 2 euros, nos seguintes puntos de venda : Yute confecciones, na Rúa Nova 48; e Inmobiliaria Predio.es, na Rúa Salvador de Madariaga 3
As moedas tamén se poderán adquirir durante o Arde Lucus no campamento da Asociación Mercenarios Galaicos, sito na Praza Horta do Seminario.