Manuel González, tenente de alcalde de Caldas: «O PortAmérica fainos ser capital cultural durante unha fin de semana»
VEN A GALICIA
O concelleiro destaca a o impacto social, cultural e económico do festival
28 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.A pesares de que afirma que «xa peiteo canas», Manuel González Martínez, tenente de alcalde de Caldas de Reis, é un habitual do PortAmérica, festival que considera que «é unha referencia. Estamos moi satisfeito e é un orgullo formar parte deste festival. A título persoal, que fun concelleiro de Cultura durante dez anos e empezamos co Cultura Quente, aínda que é verdade que o PortAmérica non empezou en Caldas, si que a amizade e todo o traballo que se veu facendo co Cultura Quente foi determinante para que o PortAmérica terminara en Caldas. Para un concello de dez mil e outro de case tres mil habitantes, ter unha cita musical deste nivel, dende logo ponnos no mapa e fainos ser capital cultural durante un fin de semana».
—Esta edición coa novidade de que compartides sede co veciño Concello de Portas.
—Si, sempre o entendemos así. Dende o Concello de Caldas o vemos como comarca. Temos o plan integrado con Portas, Barro, Moraña ou Cuntis, o tema de drogodependencia con Portas, Pontecesures e Catoira, a Vía Verde con Vilagarcía e Portas... Entendemos que somos unha comarca pequena, con pouca poboación, polo que hai que traballar conxuntamente e niso estamos. Sabíamos que isto nos pode referenciar e o feito de que estea a quilómetro e medio do casco urbano fai que se unan dous símbolos de cada concello, un que é A Azucreira e outro que é A Carballeira, que mellor espello que ese.
—Sempre que se fala de festivais, falase do seu impacto cultural e social, e o impacto económico queda como máis escondido. Que impacto ten o PortAmérica para unhas vilas como Caldas e Portas?
—Supón non dalo atendido. Podo dar uns datos, pero son estimativos polo que prefiro non dicilos. Somos moi conscientes do impacto que se recibe. Temos 1.400 camas que están ocupadas agora mesmo. E estamos a chegar a máis zonas da comarca, como Cuntis, Vilagarcía, Pontevedra, Padrón... A xente quérese hospedar e, ao impacto do festival, hai que sumarlle o do Camiño de Santiago. Somos dous pobos pequenos que imos duplicar a poboación en tres días. Un pouco desbordados podemos chegar a estar. Cando empezamos co festival e por iso consideraba importante que terminara aquí. E ven moi a conto o dos dous concellos porque o PortAmérica une dous continentes, é a porta cara América, este é o significado do festival. De igual xeito, o consideramos un proxecto de desenvolvemento local, pero xa é máis desenvolvemento comarcal porque é todo o impacto cultural, turístico... e iso repercute na economía. A hostalería, os hoteis, os restaurantes están a tope de capacidade e, unha vez completase o casco urbano de Caldas, expándese cara os demais concellos. Consideramos que vamos na voa liña e imos seguir sendo partícipes deste festival porque é un impacto económico moi importante en toda a contorna.
—¿É dos que vai ao PortAmérica?
—(risas) Si.
—E se lle pregunto polas súas preferencias deste ano...
—Lori Meyers. Un xa ten unha idade que este tipo de música me gusta máis. E, por suposto, Xoel. O postfestival ou o postconcerto sempre une, as cañas de despois sempre unen bastante e eu, que fun participe de que isto viñera para aquí... É un tema de amizade entre Kin, o de Esmerarte, e máis eu. Isto terminou aquí porque, precisamente, as veces hai que apelar ao sentimento. El é de Portas, eu son de Caldas. Ao final, as casas non só son paredes, senón que as fan as persoas e os proxectos tamén os facemos as persoas. E isto é un reflexo disto. Hai outros cabezas de cartel dos que dixen, pero os meus gustos musicais van máis por aí.
«Non só nos van mirar os críticos musicais e festivaleiros, senón os gastronómicos»
Unha das señas de identidade do PortAmérica é a súa aposta por fusionar natureza, música e gastronomía. «É unha innovación. E despois de dez anos segue sendo unha innovación que un festival sexa capaz de unir música, gastronomía e natureza», recoñece Manuel González, quen alude ás plantacións de especies autóctonas que impulsa a organización do festival en montes da contorna de Caldas no marco da súa iniciativa Una entrada, un árbol que se desenvolve dende o 2017.
—Que sinte cando ve o listado de chefs que, comisariados por Pepe Solla, estarán no Showrocking?
—Pois que imos ser a capital cultural porque o número de chefs, de cociñeiros e cociñeiras, que van a estar presentes... Non só nos van mirar os críticos musicais e festivaleiros, senón tamén os gastronómicos. E que mellor cousa para promocionar a nosa terra que a gastronomía. Para pobos pequenos e do rural, ter este escaparate, este canto ao mundo da gastronomía e da música, e ao mesmo tempo, esta implicación da natureza...
—Isto explica que se optase por trasladar os concertos da Carballeira de Caldas, onde este ano desenvolverase a acampada, á Azucreira de Portas?
—Non tería sentido machacar unha carballeira porque si estamos falando de natureza, temos que coidala. É verdade que é un sitio idílico para facer este tipo de eventos, pero os carballos e as plantas hai que coidalas. A música gústalles con menos son.