Patrocinado por

O Xacobeo xa puxo á venda as entradas para a actuación de Miguel Ríos en Celanova 

La Voz

VEN A GALICIA

En total serán once os concertos que se desenvolverán na provincia de Ourense vencellados ás actividades do Ano Santo

31 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Xacobeo aposta por descentralizar as súas actividades culturais para dinamizar toda a comunidade e a Xunta cre que o Camiño seguirá sendo o atractivo que achegará a Galicia a centos de milleiros de persoas de todo o mundo polas súas diferentes rutas de peregrinación a Compostela. O delegado da Xunta na provincia, Gabriel Alén, presentou onte o programa de concertos en Celanova, lugar onde actuará Miguel Ríos en agosto, na compaña do alcalde, Antonio Puga. Gabriel Alén salientou que a oferta de concertos do Xacobeo para este ano inclúe once citas na provincia de Ourense, con actuacións de diferentes estilos e para todos os públicos. Hai convocatorias que xa se desenvolveron, como a de The James Hunter Six, e outras das que aínda está pendente a confirmación do cartel, como os certames Silfest e Musgo (que se desenvolverán en xullo e novembro, respectivamente). 

Entre os artistas que pasarán pola provincia figuran Víctor Manuel, Miguel Ríos, La Guardia, Danza invisible, Placebo, Gustavo Santaloalla, Tanxugueiras, Roi Casal e Xoel López

Segundo se anunciou onte no mesmo espazo onde será o concerto, o mosteiro de San Salvador de Celanova, as entradas para asistir á actuación de Miguel Ríos & The Black Betty Trio xa están á venda. A cita co veterano artista de rock será o 18 de agosto, ás 21.00 horas, e o prezo da entrada é de 23 euros, máis gastos de xestión. O aforo previsto para o concerto é de 700 persoas sentadas.

A oferta musical vencellada ao Xacobeo inclúe actuacións en Allariz, Castrelo de Miño, Celanova, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, O Pereiro de Aguiar, Ourense e Verín