A décima edición de Sete Falares encherá de historias a igrexa de Santa Clara
VEN A GALICIA
O ciclo de narración oral comeza este vinderio sábado
01 jun 2022 . Actualizado a las 21:37 h.Volve o Festival dos Sete Falares, que celebrará este ano o seu décimo aniversario e regresa con folgos renovados e moitas historias que ofrecer.
A iniciativa, impulsada polo Concello de Pontevedra e Pavís Pavós, terá lugar este ano entre 4 e o 11 de xuño, cunha oferta variada de especialistas na narración oral. Aquí podes consultar o programa completo.
A concelleira de Festas, Carme da Silva, explicou que «Sete Falares foi cambiando de formato ao longo das edicións propoñendo agora oito días de aventuras de todo tipo», e que desta volta será nun único escenario: a antiga igrexa de Santa Clara. «Pontevedra vivirá oito xornadas nos que a palabra encherá Santa Clara de historias, de historias para compartir e escoitar».
Todas as sesións serán celebradas neste espazo, agás a Rota de Historias, unha cita moi concreta que se desenvolverá o venres 10 de Xuño, xa na noite, onde 4 grupos de 60 persoas percorrerán a cidade visitando lugares emblemáticos namentres escoita historias. As invitacións, para este caso, poderán ser recollidas na igrexa de Santa Clara desde ás 21.30 horas, collendo unha reserva para calquera das catro quendas que partirán desde este punto, a partir das 22 horas. O resto de espectáculos non precisarán reserva de ningún tipo, só asistir ao lugar até completar foro. A inauguración, este sábado ás 21 horas con Paula Carballeira.