Patrocinado por

Treixadura, Sondeseu e Pauliña actuarán no Festival Xironsa 

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

VEN A GALICIA

MONICA FERREIROS

O evento desenvolverase en Corvillón (Cambados) do 8 ao 10 de xullo

03 jun 2022 . Actualizado a las 22:45 h.

A asociación Xironsa vén de facer público o programa do seu festival de verán, que vai celebrar do 8 ao 10 de xullo na parroquia de Corvillón (Cambados). O cartel abrirao o venres Oîma, Sondeseu, Louband e Señora DJ; o sábado actuarán Mecos de OGrobe, Chaveta, Xironsa, Xurxo Fernandes, Pauliña, Pajarito, La Quinkillada e Señora e Señor DJ; o domingo subiranse ao escenario Volandeira, Boudebou, Faíscas da Pontraga, Peter Punk, Onte e Hoxe, Circo Chosco e Treixadura.

Coma sempre, a asociación habilitará unha zona de acampada e un recuncho para que xoguen os máis cativos. Tampouco faltarán o xantar de Xironsa, unha degustación de produtos do mar e un mercado artesán.

Esta do 2022 será a 22 edición dun festival que está xa máis que consolidado no panorama da cultura tradicional de Galicia.