Haberá sardiñada, verbenas, animación de rúa e sesións de pirotecnia entre os días 23 e 26
18 jun 2022 . Actualizado a las 11:35 h.Guitiriz prepárase para vivir catro días de festas polo San Xoán, organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Ecce Homo, de Guitiriz, coa colaboración do Concello, a Comunidade de Montes San Xoán de Lagostelle, ademais de hostaleiros, comerciantes, industriais e autónomos do municipio. O programa de actividades é o seguinte:
Xoves 23
· 21.00h. Disparo de 24 bombas anunciando o comezo das festas
· 21.15h. Gran Sardiñada, con sardiñas e pan gratis
· 22.00h. Fogata de San Xoán
· 00.00h. I Festa da Xuventude, con DJ Frisco & Marcos Peón, DJ Celso Bayo e DJ Hugo Leivas, que ofrecerán cunha macrodiscoteca a mellor música dos 90 e os 2000
Venres 24. Día do patrón, San Xoán
· 10.30h. Pasarrúas con Son’s da Aldea (gaiteiros), Grupo Municipal de Gaitas de Guitiriz, Grupo da UNED Sénior e Charanga Os Trileros
· 13.00h. Misa solemne e procesión
· 14.00h. Sesión de pirotecnia (Rocha Areas)
· 14.15h. Actuación do Grupo Municipal de Gaitas e o Grupo da UNED Sénior
· 14.45h. Sesión vermú co trío Jake
· 18.00h. Festa dos Nenos
· 22.15h. Gran festa con Jake e a orquestra Costa Dorada
Sábado 25. Na honra de San Antonio
· 10.30h. Pasarrúas co Grupo de Gaitas Son’s Da Aldea e Charanga Os Trileros
· 13.00h. Misa solemne e procesión
· 14.00h. Sesión de pirotecnia (Rocha Areas)
· 14.15h. Actuación da charanga Os Trileros e Son’s da Aldea
· 14.45h. Sesión vermú con Salsarena
· 22.00h. Gran festa coa gran orquestra Salsarena e o grupo Arizona
Domingo 26
· 10.30h. Pasarrúas co Grupo de Gaitas Son’s da Aldea
· 13.00h. Misa solemne
· 14.00h. Sesión de pirotecnia (Rocha Areas)
· 14.15h. Actuación da Banda de Música do Concello de Guitiriz
· 14.45h. Sesión vermú co dúo Eclipse
· 20.30h. Comezo da festa co Dúo Eclipse
· 22.30h. Gran fin de festa de dúas horas e media sen descanso, a cargo do grupo asturiano Beatriz