Patrocinado por

Corenta artistas nas 40 Festiletras

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VEN A GALICIA

BASILIO BELLO

A organización fixo público o cartel completo do festival, que terá lugar no Couto do 1 ao 4 de setembro, e puxo as entradas á venda

18 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 1 ao 4 de setembro • «Un ano máis, o milagre parece que é posible». Así anunciou a organización das Festiletras, onte, o programa completo da cuadraxésima edición do festival, que terá lugar na aldea do Couto (Ponteceso) do 1 ao 4 de setembro. Toma nota:

Xoves 1: Patas de Peixe, Paco Nogueiras, Vanesa Rivas, Omar Rabuñal, Enxebre Teatro, Quico Cadaval, Guti e Celso Sanmartín.

Venres 2: Festiciencia, Rosa Aneiros, Badius, Olaia Sendón, Xanela do Maxín, Xulia Pison, Lowcos, Zenzar, The Rapants e Dios ke te crew.

Sábado 3: Mostra de artesanía, Farrapos, Peliqueiros de castro, Inllar, Chamiño e arrieiro, MJ Pérez, María Canosa, Carlangas DJ Set, Séchu Sende, Elvis Negro, Lóstregho, Miguel Mato, Pablo Seoane, Eloi Mato, Baiuca, Rodrigo Cuevas, Rosalía Fernández & Mar Álvarez, Brazalinda, L&R, Fernández Rego e Tres Pés.

Domingo 4: Mostra de artesanía, Belém Tajes, Pan sen fron, Banda de Xinzo, Xa era hora, Oîma, Beatriz Busto, pandereteiros do Roncudo, Peliqueiros de Castro, Escola do Alprende e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

As entradas e abonos, xa á venda en Ataquilla

Anunciado xa o cartel completo, saíron tamén á venda as entradas para as diferentes xornadas do festival. Comercialízanse a través da plataforma Ataquilla e teñen un custo de 8 euros por día, ou ben de 25 euros en caso de adquirirse un abono para as catro xornadas que dure o festival pontecesán. Os menores de 12 anos poderán acceder gratuitamente e os rapaces de ata 16 anos deberán ir acompañados dun proxenitor ou un titor ligal.

Coincidindo co lanzamento dos tiques, a organización do festival fixo un sorteo exprés de seis bonos para outras tantas persoas.