Patrocinado por

Unha ruta guiada por Carreirón, historias de baleas e xogos, o programa da Aula da Siradella

O Grove / La Voz O GROVE / LA VOZ

VEN A GALICIA

Martina Miser

O centro, ubicado no Grove, desenvolve un amplo catálogo de actividades de balde

20 jun 2022 . Actualizado a las 15:47 h.

A Aula da Natureza da Siradella é un deses segredos que se agochan na comarca. Quen sabe del, ten a ocasión de tirarlle partido ao variado catálogo de actividades ambientais que, dende aquí, se organizan. Ollo, que son actividades de balde, pero coas prazas limitadas, así que quen queira apuntarse a elas debe inscribirse previamente na dirección de correo electrónico aulasiradella@gmail.com.

As actividades que están organizadas para a semana que se achega son tres. Dúas delas desenvolveranse na propia aula, situada no alto do monte Siradella (O Grove). Alí, en horarios que se poden consultar no teléfono 986 680 284, proxectarase unha película sobre A Candorca, un filme duns cincuenta minutos de duración nos que se afonda nalgúns dos aspectos menos coñecidos deste mamífero.

A outra actividade que se desenvolve na aula é un xogo: mediante un sistema de pesca magnética, a rapazada —e quen xa non o é tanto— aprenderá o que son as tallas mínimas das distintas especies que se capturan, e onde están os seus principais caladoiros.

Esta semana tamén haberá unha ruta guiada, a dos pilros. Desta volta, costeando o sur da Illa de Arousa, na península do Carreirón, os participantes percorrerán rochedos, praias e dunas, marismas e lagoas, e poderán observar a convivencia das aves co ser humano. Esta actividade terá lugar o xoves día 23, o venres 24, e tamén o 30 de xuño, sempre a partir das 10.30 horas.