A Festa da Xuventude de Valga ficha a Herdeiros da Crus e Festicultores
VEN A GALICIA
A cita é primeiro sábado de xullo na praia de Vilarello
23 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.A emblemática banda do Barbanza Heredeiros da Crus encabeza o cartel musical da Festa da Xuventude de Valga. O grupo liderado por Tonhito de Poi, un dos grandes expoñentes do rock en galego, acaba de iniciar a xira coa que celebra os seus 30 anos sobre os escenarios e Valga será un dos primeiros lugares no que se poida gozar co seu espectáculo. Será o vindeiro 2 de xullo, en Vilarello, ao amparo da Festa da Xuventude que se celebrará daquela e que inclúe, tamén, os xogos populares que dan forma ás Olimpíadas de Aldea.
Cos seus temas cargados de enerxía e letras cheas de humor, Heredeiros da Crus construíu a súa propia identidade musical. En Vilarello estarán acompañados polos Festicultores, que abrirán as actuacións musicais a partir das 22:30 horas. Os autodenominados «cultivadores de festas» ofrecerán un espectáculo dinámico combinando temas propios con cancións tradicionais versionadas ao seu estilo festivo.