Albariño no Camiño converte Torrado no epicentro da oferta cultural en Cambados
VEN A GALICIA
O programa cultural ten aínda varios días por diante
02 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Albariño no Camiño iniciou onte a súa andadura de tres días coa inauguración, pola mañá, de dúas exposicións relacionadas coa Festa do Albariño no museo do viño e na casa da calzada. Hoxe continúa habendo moito que ver e facer en Cambados a conta desta proposta deseñada no marco do Xacobeo. Ás 11.30 horas na casa da calzada terá lugar a conferencia «O Camin?o sabe a Albarin?o. Os camiños do mar», a cargo de César M. González Crespón, con Maribel Iglesias Baldonedo como presentadora. Ás 12 horas comezan os obradoiros infanti?s no parque de Torrado, ás 12.30 horas terá lugar a segunda entrega das catas de rías baixas e á unha da tarde actuará Isi Vaamonde. Pola tarde, ás cinco, retómanse os xogos infantís e as catas para as oito arrancar a segunda andaina teatralizada con Teatro no Garaxe, desde a igrexa parroquial ata Santa Marin?a. A partir das 22 horas actuará Anti?a Muíño, seguida do grupo británico Inmaculate Fools. Mañá repítese o esquema con xogos infantís, catas, sesión vermú e a actuación, ás 19 horas de Magín Blanco, e ás 21 horas, de Caamaño & Ameixeiras e Sheila Patricia.