Patrocinado por

Vinte candidaturas consolidan o proxecto bandeiras verdes

Adriana quesada / s. g. RIBEIRA / LA VOZ

VEN A GALICIA

Luis Polo

Muros acolleu a presentación das propostas, o triplo ca no 2020

01 jul 2022 . Actualizado a las 18:59 h.

As bandeiras verdes chegan a súa terceira edición co triplo de candidaturas que no 2020. Cunha mellor aceptación desta iniciativa, recibíronse vinte propostas, entre as que se atopan nove municipios que repiten candidatura máis algunhas novidades, como é o caso do Concello de Muros, onde onte se celebrou a presentación das candidaturas da convocatoria deste ano.

Este distintivo busca dar recoñecemento ós municipios que poñen en valor o coidado da paisaxe. Ademais, supón determinadas facilidades para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural durante o tempo que pode ser empregado, que é ó longo dun ano.

Galicia é unha comunidade pioneira en canto á creación dun distintivo que busque valorar a implicación de diversas zonas no coidado da paisaxe. Desta forma, segundo sinalou Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o goberno galego amosa o seu aprecio cara as boas prácticas ambientais.

Para que os municipios presentados poidan recibir o distintivo das bandeiras verdes están obrigados a cumprir unha serie de requisitos relacionados ca ordenación do terreo, cambio climático, xestión responsable dos residuos e sensibilización da poboación.

O cumprimento destes criterios será avaliado por un xurado técnico, encargado da escolla dos concellos galardoados que recibirán as bandeiras o 20 de outubro, Día Internacional da Paisaxe.