Patrocinado por

Remember Fest e 300 orellas de porco para seguir a festa en Boiro

ADRIANA QUESADA / s. g. RIBERIA/ LA VOZ

VEN A GALICIA

O xantar popular regresou á Cachada con máis de 900 racións repartidas

02 jul 2022 . Actualizado a las 19:30 h.

As festas de Boiro regresaron coa mesma forza que tiñan antes da pandemia do covid-19. E logo do pregón protagonizado este venres por 14 mozos da localidade, a celebración continuou con dous pratos fortes: o Remember Fest e o xantar popular da Festa da Orella. Para o alcalde, José Ramón Romero, hai tres factores que están a axudar ó bo comezo desta festividade: «Un bo cartel, o tempo que nos acompaña e as ganas de festa que ten a xente».

Engadiu a concelleira de Cultura, María Luisa Outeiral, que levan dende febreiro preparando este novo programa, no que hai oco para xente de tódalas idades: «Dende concertos para a mocidade nos que se ten en conta o talento local ata espectáculos para as persoas máis maiores».

Na noite do primeiro día de festa, o venres, levouse a cabo a segunda edición do Remember Fest, organizada polas peñas de Boiro, e polo que pasaron centenares de persoas para vibrar coas sesións dos pinchadiscos Matrek, Marcos Magán, Xacobo Mínimo Eventos e Manu Gz.

Foi o prólogo da festa celebrada no parque da Cachada, levada a cabo este sábado pola mañá, e na que as protagonistas foron as integrantes de distintos grupos de baile do concello: Xilbarbeira, Abeloura, Aroña e Baile de Abanqueiro, cuxas artistas van dende os 4 ata máis dos 70 anos.

Para algunhas das persoas do público, como Inma Montero, do Freixo, estás actividades son de gran importancia para o mantemento da cultura galega: «Hai todo tipo de idades e termina achegándose moita xente a mirar, o que é moi importante porque isto vai de boca a boca».

Gastronomía

Un dos pratos fortes da festa tradicional foi o citado xantar popular da Festa da Orella da Boliña. Fonsi Alcalde, presidente da comisión de festas desta asociación, asegurou que, tras dous anos sen poder celebrala, comezar foi difícil, pero que ca axuda da xente que o rodea todo saíu adiante.

Nesta ocasión compráronse 300 orellas de porco e 113 botellas de viño para prover as racións dos asistentes: «Esperamos servir 900 racións». Iso si, botáronse de menos algunhas das tradicións, como a festa da malla do centeo que non foi realizada esta vez, segundo sinala a concelleira de Cultura, debido a que o centeo non puido ser sementado este ano.

Aínda así, o propio José Ramón Romero asegurou que ten boas expectativas para as festas en curso. Entre outras cousas, destaca que Boiro foi un dos poucos concellos que non cesou a súa actividade cultural durante os dous anos anteriores.