Patrocinado por

O Alén Metal Fest volve a Vilagarcía este sábado con cinco grupos

La Voz VILAGARCÍA

VEN A GALICIA

No cartel están Trallery,  Dark Embrance, Strikeback, Infrahumano, Lapsus Mentis e Taxikull

06 jul 2022 . Actualizado a las 00:17 h.

O Alén Metal Fest, o festival de música rock e metal creado en 2019 par ampliar o espectro dos eventos musicais de Vilagarcía, regresa despois dos dous anos de pandemia. A segunda edición do evento celebrarase este sábado, 9 de xullo, a partir das 19 horas no Parque da Xunqueira cun cartel encabezado pola banda mallorquina Trallery que se completa con cinco dos grupos mais representativos do metal galego: Dark Embrance, Strikeback, Infrahumano, Lapsus Mentis e Taxikull. A entrada é libre e de balde e haberá control de aforo. Haberá persoal de seguridade, baños químicos e un punto de venta de comida e bebidas.

A primeira edición do Alén Metal Fest celebrouse non verán de 2019 baixo a organización da asociación O Souto, de Rubiáns. Agora colle o relevo Indanonvaidesta, a asociación cultural sen ánimo de lucro creada a nivel comarcal co obxectivo de promover, organizar e participar en eventos relacionados co mundo do rock, metal, música, baile tradicional ou teatro. Tanto na primeira edición como na de agora, o festival conta co patrocinio do Concello de Vilagarcía.