Arranca unha nova singradura da Festa da Dorna coa presentación dos trofeos

VEN A GALICIA

As pezas estarán expostas no Museo Municipal de Ribeira ata o día 23
10 jul 2022 . Actualizado a las 19:33 h.A presentación, no Museo Municipal de Ribeira, dos trofeos deu comezo á Festa da Dorna 2022, na que será a súa singradura número 74. Os premios están elaborados artesanalmente en madeira e resina. Os artistas encargados de darlle forma aos cerca de corenta obsequios foron Ruth González e José Manuel Riveiro, a través do seu colectivo Sonagasallo. «Unha das nosas prioridades é reutilizar os materiais. Os trofeos teñen moita simboloxía en relación á Dorna e a Ribeira», explicaron. Dende a Real e Ilustre Cofradía da Dorna afirmaron que despois da pandemia intentarán que a festa siga sendo «tal e como era antes» e cun nivel de trofeos «o máis alto posible.»
«Estamos moi agradecidos co traballo realizado con respecto aos premios, son os máis bonitos e elaborados que tivemos nunca», afirmaron dende a asociación. A exposición das figuras estará aberta ao público no Museo Municipal de Ribeira no horario habitual do recinto ata o vindeiro sábado día 23.