15 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
A Festa da Paella retorna o día 30 de xullo a Cortegada (Silleda). A cea será ás 22.00 horas cunha posterior verbena coa orquestra Tango e o grupo Fussion. O prezo por persoa serán 13 euros e as invitacións están a venda na panadería Mella, bodegón Esther e carnicería Varela en Lalín, entre outras. O prazo para conseguilas remata o 27 de xullo, consultar no teléfono 686 650 371. A festa, con centos de comensales, volta despois do parón da pandemia. A última edición foi no 2019. C. M.