Patrocinado por

Os dorneiros máis mozos conquistaron as rúas de Ribeira

Adriana quesada / s. g. RIBEIRA / LA VOZ

VEN A GALICIA

O Maratasón infantil conseguiu reunir nesta edición a un total de 28 peñas

18 jul 2022 . Actualizado a las 18:54 h.

A Festa da Dorna conta cun programa no que tamén se ten en conta aos máis pequenos. Despois de dous longos anos sen posibilidade de celebralo, o Maratasón infantil regresou contando coa participación de 28 peñas, entre as que se atopaban Atuna Negra, K.0 Boys, e tamén alguna mítica coma os Tibur@ns Carallud@s.

Despois da noite do domingo, na que o concerto das Tanxugueiras conseguiu reunir a centenares de persoas, a mañá do luns foi para ós integrantes máis mozos das peñas. Con rapaces de tódalas idades, a rúa Galicia e as perpendiculares convertéronse no seu espazo de xogo grazas a elaboración de distintas probas.

Cada peña foi dotada cun mapa da zona con marcas que sinalaban distintos comercios onde esperaban os organizadores para explicar a reto a completar. Mantendo o misterio, cada participante fixo un percorrido distinto, no que as probas eran explicadas no momento da chegada ao punto sinalado. Entre estes xogos atopábanse actividades tradicionais como carreiras de sacos e adiviñanzas, aínda que tamén outros máis imaxinativos como despegar unha galleta chea de marmelada da fronte sen a posibilidade de empregar as mans.

Segundo sinalou Daniel García, patrón dos K.O Boys, a pesar dos anos nos que non puideron realizar esta actividade «sempre hai moita xente, porque é a mellor festa de Galicia, tanto para nenos como para adultos». A aceptación tamén puido verse nos números, posto que no Maratasón infantil deste ano houbo máis participantes que no 2018.

Para realizar esta actividade son os propios peñeiros os que a organizan. Este ano foi levada a cabo por Necoramantes que, debido a redución de xente que conformaba o grupo, contou coa colaboración de outras, coma Muxobeti, Tocando Fondo e Tabeir@ns Carallud@s.

Toni, patrón dos Necoramantes e integrante da organización do Maratasón, sinalou que esta actividade ten como obxectivo «concienciar ós rapaces e ensinarlles cousas sobre o espírito dorneiro». Desta forma, a pesar de que a actividade é concibida coma unha competición entre peñas, realmente ninguén leva maior premio que a «satisfacción de participar e todo o aprendido»

As actividades do martes

Durante a xornada de este martes continuará a festa e levarase a cabo o Trinautlón, que comezará ás 16.00 horas na praia de Area Secada, onde haberá distintos deportes acuáticos coma paddle surf, vela ou kaiak.

Tamén arrancará unha nova edición de Rockadorna do País, que comeza ás 20.00 horas, na que tocarán bandas como Litrisistas, Barbansónicos ou Amores de barra en distintos puntos de Ribeira. Todo un atractivo para os dorneiros.