Este mércores terá lugar unha das citas estrela de cada edición: o Maratasón
19 jul 2022 . Actualizado a las 20:40 h.Aínda que as principais probas de auga están por chegar, pois este xoves disputarase o Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor e o domingo será a Rejata de Embarcasións Feitas á Machada, os dorneiros tiveron na tarde do martes o seu primeiro contacto coa auga. Foi na praia de Area Secada, onde se levou a cabo o Trinautlón, unha serie de competicións que lle brindaron aos integrantes das diferentes peñas a posibilidade de amosar a súa destreza no manexo de artefactos náuticos como táboas de surf ou kaiaks. De poñer a nota musical encargouse DJ Matrek.
Programa de hoxe
As actividades incluídas no programa desta singradura dorneira número 74 continúan este mércoles, cunha das citas estrela de cada edición: o Maratasón. Os elixidos de cada peña percorrerán as fanequeiras a partir das 17.00 horas enfrontándose ás probas máis inesperadas. As risas están garantidas.
Sobre as 19.00 chegará unha nova edición do Jijó Dorneiro. Están previstas as actuacións dos rapeiros Choco Krispie, Swit Eme e Dirty Suc. A Batalla de Jallos e o concerto de Erin poñerán o colofón a esta quinta xornada da Festa da Dorna.
Por diante quedan aínda outros catro días repletos de propostas lúdicas.