As meigas, os bruxos e máis xente de mal meter e do inframundo tomarán hoxe as rúas de Vilagarcía
VEN A GALICIA
A noite das meigas reinará hoxe na cidade
23 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Adiántase a noite das meigas en Vilagarcía. Se cadra tiñan presa por aparecer por se as novas do día roubánballes o protagonismo. O caso, e que, como anuncia o Concello de Vilagarcía «como por arte de maxia, nove poboados meigos aparecerán diseminados por distintos puntos do centro urbano para acoller a meigas, magos e todo tipo de seres do inframundo que dende as 22.30 horas do sábado e ata as 2.30 da madrugada do domingo, animarán o ambiente e embruxarán aos presentes con todo tipo de encantamentos, apócemas e saborosos bocados doces e salgados que repartirán de balde. Tampouco faltará este ano o conxuro da queimada ás 12 da noite na Praza de Galicia e o reparto do máxico elixir».
Son nove os colectivos veciñais que colaboran coa celebración., con cadanseu poboado. Son O Noso Lar (na Avenida da Mariña), a asociación Fontefría de Guillán (Praza da Independencia), o Taller de Teatro Clámide (Praza de Galicia), a asociación A Cantarela (rúa Castor Sánchez), a Protectora de Animais (xardíns da Praza de España), Zona Aberta (rúa Baldosa), As Cantareiras Bulideiras (confluencia entre a Praza de Galicia e Rey Daviña), Os Remolóns (Castelao ) e a Peña Junquera «Os de Sempre» (Praza do Castro).
«A Concellería de Cultura pon a infraestrutura e os medios e proporciona aos colectivos os materiais e ingredientes para facer a queimada, as taciñas de barro para servila e caixas de rosquillas para repartir gratuitamente entre o público. Pola súa banda, as asociacións encárganse da animación e tamén de agasallar ao público con algunha tapa aportada por eles mesmos como callos, empanada, tortilla e bocadiños de chourizo ao viño, torta de mazá e biscoitos. Como compensación a este detalle, os colectivos venderán as cunquiñas de barro conmemorativas da festa ao prezo simbólico de 1 euro», explica o Concello. A cota, a partires das 22.30