Patrocinado por

Liberad al Kraken gaña o certamen de bandas emerxentes do Ameixa Rock

m.r. VILAGARCÍA / LA VOZ

VEN A GALICIA

ADRIÁN BAÚLDE

O festival, que cumpre dez anos, será os días 2 e 3 de setembro no Carril

28 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A quinta edición do concurso de bandas emerxentes que convoca a organización do Ameixa Rock xa ten gañador. Desta volta, trátasse dunha banda de Pontevedra, Liberad al Kraken, que compartirán escenario o día 3 de Setembro con Miguel Costas e Ruxe-Ruxe, dous grandes do panorama musical galego e nacional.

Liberdad al Kraken é un grupo creado por músicos de Pontevedra. A banda ten publicado un álbum de estudio, un EP e numerosos singles. A proposta musical foi evolucionando «cara ó estilo actual, a música que fan é unha mistura de punk e metal, con toques de folk e electrónica». A temática das súas cancións «céntrase en temas políticos e sociais, tamén nas consecuencias persoais dos mesmos. Letras orientadas á protesta, con elementos de retranca».

Polo demais, o Ameixa Rock deste ano 2022 será os días 2 e 3 de setembro en Carril. O venres celebrarase o Carnaval Rock na praia da Cobacha coa Duendeneta. O sábado 3 haberá visitas guiadas a Illa de Cortegada, sesión vermú, animación para nenos e os concertos a partires das dez e media. Ademais, do 29 de agosto e ata o 5 de setembro haberá unha exposición na sede do Gato Negro por mor dos dez anos que cumpre o Ameixa Rock: «10 Anos de Rock».