Patrocinado por

París de Noia e Milladoiro, como gran final en Moraña

Alfredo López Penide
L. Penide MORAÑA / LA VOZ

VEN A GALICIA

MARTINA MISER

As dúas agrupacións actuarán no peche da Festa do Carneiro ó Espeto

31 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A edición 53 da Festa do Carneiro ó Espeto vivirá este domingo na Carballeira de Santa Lucía de Moraña o seu gran día cun xantar popular onde se cociñarán un total de 125 carneiros. A xornada arrancará coa charanga Os Encerelleados animando as rúas, mentres que as dúas da tarde procederase á asignación dos lotes para, acto seguido, dar comezo a un xantar que estará amenizado por Os Encerellados.

A partires das 20 horas, concerto de Milladoiro que se enmarca no programa Musigal da Deputación de Pontevedra. E, ás 22.30 horas, verbena coa orquestra París de Noia como peche das festas.

De igual xeito, este domingo clausurarase a exposición (A)mar con obras do artista silledense Adrián Penido.