A Asociación de Amigos da Empanada comezan hoxe a recadación de fondos para a cuadraxésima edición da Festa da Empanada, que terá lugar en Bandeira do mércores 17 ao domingo 21 de agosto.
O tesoureiro, Alfonso Mato e o coordinador da área económica da asociación, Alberto García, afirman que recoller os donativos indo casa por casa resulta unha actividade complexa e piden a colaboración da veciñanza cun ingreso bancario para facilitar o seu traballo e darlles máis tempo a mellorar as actividades da festa.
O número de conta é ES07 2080 5013 7230 0008 6620, deberase indicar o concepto coa palabra «cota» e incluír o nome, apelido e dirección do donante. Tamén se poderá concertar unha cita a domicilio no wasap 677 85 47 37 ou facelo de xeito presencial no Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira, de Luns a Venres de 19.00 ás 21.30 horas e os Sábados de 12.00 a 14.00. O presidente da asociación, Andrés Seoane, confía en superar este ano a cifra dos 20.000 euros