Desenvolverase as dúas últimas fins de semana de agosto
12 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.A ruta Tapa a Anguía, que o Concello de Valga convoca dentro da programación da Festa da Anguía, xa ten establecementos participantes. Serán un total de dez: pastelería Caprichos, bar Maneiro, bar Potel, bar Couceiro, cafetería Auditorio, bar Pardal, Praia Fluvial de Valga, bar Alba, Casa Comparada e O Pontellón Café-Bar. O Concello será o encargado de facerlles chegar a anguía xa limpa para que poidan preparar as tapas.
A ruta prolongarase durante as dúas últimas fins de semana do mes de agosto. O apartado de concurso celebrarase unicamente os días 20 e 21, mentres que na seguinte fin de semana tan só haberá degustación. Os petiscos serviranse de xeito gratuíto coas consumicións os sábados en horario de doce do mediodía a tres da tarde e de oito a once da noite; os domingos so haberá quenda de mañá. O público votará ás as mellores tapas e un xurado profesional elexirá a que se servirá na festa do 2023.