Unha fin de semana de citas gastronómicas
13 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.O verán é tempo de exaltación gastronómicas, unha realidade que se pode degustar dende hoxe e ao longo dos vindeiros días nas localidades de Sanxenxo e Bueu.
Nesta última, o Concello de Bueu e a Confraría de Pescadores San Martiño organizan a XXI Festa do Polbo no aparcadoiro de As Lagoas. Durante tres días ofrecerá a posibilidade de degustar máis dunha véntena de especialidades nunhas festas que serán inauguradas coa lectura do pregón a cargo do xornalista e Fran Cañotas. Previamente, ás 11 horas, está programada a descuberta do polbo artístico feito e doado polo curso de talla de Bon e que se instalará na fachada da praza de Abastos. ademais, haberá pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas de Retrouso e, ás 21 horas, a Charanga Barafunda animará a festa.
Pola súa banda, dende onte e ata este domingo, a parroquia de Noalla, en Sanxenxo, recupera tras dous anos de pandemia a súa Festa da Ostra, que cumpre vinte e nove anos. Habilitouse unha carpa nas inmediacións do campo de fútbol lugar onde a partir das 11 da mañá poderá degustarse este manxar a un prezo de 10 euros a ducia. E poderase acompañar dun Marqués de Abraldes da DO Rías Baixas a un prezo de 9 euros a botella.
A organización ten reservadas 23.000 unidades de ostra na depuradora Daporta para garantir a subministración fresca do produto durante as tres xornadas, mentres que grupos folclóricos amenizarán a xornada.