Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, e Sabela, actuarán hoxe na Praza Maior
VEN A GALICIA
As patronais de Viveiro chegan hoxe a unha das súas xornadas fortes. O programa oficial dará comezo ás 12.30 horas co pasarrúas dos Xigantes e Cabezudos e Bágoas da Terra. Ás 13.30 horas, a Banda da Misericordia tamén brindará un pasarrúas polo centro da cidade. E á tardiña, a partir das 20.00 horas, Amigos do Folk tamén dará outro pasarrúas. Pola noite, a Praza Maior acollerá dous concertos de enorme calidade. Ás 22.00 horas, o músico e compositor Xabier Díaz presentará xunto coas voces e as pandeiretas de Adufeiras de Salitre brindará ó publico viveirense temas que mesturan o tradicional coa innovación como O baile de Noró, No salón das cereixas ou Unha, dúas, tres e catro. O concerto será traducido á lingua de signos e haberá mochilas vibratorias. Ás 00.30 horas actuará Sabela, artista natural de Ourol e ex concursante de OT.