A Fundación Pondal vén de dar a coñecer o programa da celebración, que irá dende o 1 ao 4 de setembro: música, contos, artesanía, ciencia... e ata globo!
02 sep 2022 . Actualizado a las 16:56 h.A cultura foi un refuxio en tempos de peche e é tamén un xeito de festexar unha certa volta á normalidade. Entre as raíces e o futuro, moita identidade. Volverán do 1 ao 4 de setembro as Festiletras á aldea do Couto, en Ponteceso, unha edición especial, a 40.ª, a dos corenta anos de milagre. Co petisco do Dezasete, mantéñense esas alternativas datas de setembro para festexar unhas Letras Galegas que se estenden máis aló do 17 e de todo o mes de maio.
Catro días de iniciativas da man da Fundación Pondal, co apoio da Xunta, da Deputación, de variados organismos e tamén entidades privadas. Sobre todo, moita forza tamén de voluntariado, mocidade e axuda sénior. Música, artesanía, teatro, ciencia, narración oral e moita literatura e letras volven ser piares destas Festiletras, ás que se sumará este ano, o sábado 3 de setembro, a posibilidade de ascender en globo aerostático, unha das aportacións provinciais á cita.
Escenarios en cabanotes
Como vén sendo habitual, non haberá un único escenario, senón que cabanotes ou eiras se converterán para estas datas en anfiteatros, todo a base de mobiliario artesán. Reivindicando coma sempre que a cultura non é só terreo das grandes cidades, pasarán do 1 ao 4 de setembro polo Couto nomes como Quico Cadaval, Celso Fernández, Guti, Rodrigo Cuevas, Baiuca, Belem Tajes, Oîma, Zënzar ou Xabier Díaz e as Adufeiras. Iso, no medio de numerosos autores locais e comarcais, artistas de aquí e de acolá que durante catro días farán incesante a actividade. Hai que sumarlle peliqueiros, Aldeas Singulares ou unha nova entrega de arte mural, coas intervencións de Mutante Creativo, Cestola na Cachola e Juan Rivas.
Xoves 1 de setembro
- De 11.00 a 13.30 horas. «A aldea do CoNto» é como se lle deu en chamar a un percorrido «polos ghaliñeiros» de O Couto, amenizado pola zanqueira Vanessa Rivas, o teatro enxebre de O galo Quirico, os obradoiros e contacontos con «Patas de peixe» e a música de Paco Nogueiras. Poderase ver tamén «Que o conten elas», documental dirixido por Omar Rabuñal coa visión de xénero de Andrea Maceiras.
- 22.00 horas. «Tres vellas (polo menos)». Noite de contos de raíz con Quico Cadaval, Celso Fernández Sanmartín e José Luis Gutiérrez, ‘Guti’, absolutos referentes da narración oral en Galicia. Donativo: 8 euros.
- Muta O Couto. Durante os catro días de Festiletras, Mutante Creativo, Cestola na Cachola e Juan Rivas deixarán a súa pegada artística na aldea. Un traballo para ir admirando paso a paso. Medra a colección mural no Couto.
Venres 2 de setembro
- De 11.00 a 13.30 horas. Nova edición de Festiciencia, desta volta baixo o lema de «A Xanela do Maxín: Toupiciencia». Volverá a enlazarse o saber científico coas letras, da man de Rosa Aneiros, Miguel Mato, Suso Lista, Alexandre Nerium, Sabela Fernández, Erica Esmorís e Olaia Sendón. Haberá, ademais, unha sesión demostrativa de Polos Creativos (Vermislab) e un espectáculo teatral coa compañía Os Quinquilláns no Quinteiro: «Por que é salgada a auga do mar?».
- 19.00 e 20.00 horas. Na Eira de Pailetes, concertos ás 19.00 de Lowcos e ás 20.00 de Zënzar.
- 22.00 horas. Na Praza do Quinteiro, teatro a cargo de Badius (Baio), con «A peregrinaxe».
- De noite. Escenario Fundación Pondal. Concertos de The Rapants e Dios Ke Te Crew e amigos.
sábado 3 de stembro
- Pola mañá. Mostra de Artesanía, dende as 12.00 en adiante. Pasacabanotes a cargo dos Peliqueiros do Castro. Rosalía Fernández e María Álvarez presentarán «Desnortada» na Eira de Cousillas. Agrupación Inllar no Quinteiro. Durante todo o día, subidas en globo aerostático.
- Mediodía e serán. Na Eira de Pailetes, intervencións de MJ Pérez (13.00), Carlangas (14.00) e nova entrega de Inllar (15.00, pasacabanotes). Na Eira de Cousillas, ás 16.00, Séchu Sende con «O pobo improvisador», regueifa con Nuria Penas e Noelia Medela. Ás 17.00, pasacabanotes cos Farrapos de Cesullas. Na Eira de Pailetes, ás 18.00, María Canosa, premio Rosalía, e Elvis Neghro. Na Eira de Rosende, ás 17.00, Suso Vaamonde e música de Os Tres Pés. Ás 18.00, Pablo Seoane con «O toque pechado», Xoán Carlos Rilo con «O ronsel do meu sentir» e acordeón a cargo de Eloi Mato. Na Eira de Pailetes, ás 19.00, Miguel Mato con «Sisley no xuncal da Trave» e concerto de Lóstregho. Ás 20.00 horas, L-R e pasacabanotes peliqueiros.
- Pola noite. No Escenario Fundación, ás 22.00, concertos de Rodrigo Cuevas e de Baiuca e Amigos.
DOMINGO 4 DE SETEMBRO
- Pola mañá. Segue a Mostra de Artesanía. Ás 11.00, na Eira de Gervasio, oitava edición de Aldeas Singulares, un encontro arredor de experiencias de futuro. Ás 12.00, no Quinteiro, actuación da Escola do Alprende.
- Mediodía e serán. Ás 14.00, concerto de Oîma, un dos últimos, xa a que formación di adeus. Ás 15.00, pasacabanotes con Xa Era Hora e peliqueiros Os castrexos. Ás 16.00, concerto de Belem Tajes. Ás 17.00, aCentral Folque presentará a obra «Pandereteiras de Mens». Actúan as Pandereteiras do Roncudo.
- Ás 17.00, intervención da Banda de música de Xinzo. Presentará a velada o escritor e músico Xurxo Souto, Bo e Xeneroso, e sumarán voces Antonio Barros e Ialma.
- Ás 18.00 horas, entrega dos Bos e Xenerosos de honra. Concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Nova parada de Díaz na Costa da Morte, pois: Camariñas, Carballeira de Zas... Será un bo momento, tamén, para ver rematadas as obras murais de Mutante Creativo, Cestola na cachola e Juan Rivas. Fin das 40.ª Festiletras.