Patrocinado por

Coque Malla, na Praza de España de Pontevedra

VEN A GALICIA

Sandra Alonso

15 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

As grandes citas voltan este luns ás Festas da Peregrina de Pontevedra, de tal xeito que Rock Circk subirase ao escenario da Praza da Ferraría ás 21 horas cun «espectáculo circense aderezado con punteos de guitarra eléctrica, redobres de batería estrambóticos, desgarbados voos, equilibrios esperpénticos e melenas ao aire que se desenvolve nunha peculiar estrutura aérea autónoma».

No escenario da Praza de España, ás 22.30 horas, tocaralle a queda a Coque Malla. Dende o Concello de Pontevedra destacaron que «o artista madrileño saltou á fama logo de exercer como líder e cara máis visíbel dos Ronaldos entre os anos 1987 e 1998. Desde aquel intre, mantivo unha carreira en solitario de éxito, ben coñecida polos seus directos e a súa capacidade para mesturarse con outros estilos alén do rock e o pop».

Outras actividades desta xornada, ás 10.30 horas, a Escola de Xadrez Pontevedra realizará unha exhibición na Avenida de Santa María, así como desenvolveranse pasarrúas da man da Charanga OT, Fervellos do Pío, ou o grupo de gaitas Os Alegres. Santa María acollerá dende as 17 horas xogos e tradicións populares e, ás 19.30 horas, a Praza da Curtidoira acollerá o espectáculo Globotolo de Barafunda Animación.