Tamén se lle instalarán novas placas en bandeiras para axustala á imaxe corporativa da Rede Info Rías Baixas
24 ago 2022 . Actualizado a las 19:53 h.A oficina de turismo de Vilagarcía lucirá un novo aspecto ao adaptar as súas instalacións a imaxe da Rede Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra, á que se adheriu neste 2022. Nas próximas semanas colocaranse elementos como placas e bandeiras e pasará a formar parte da segunda fase do proxecto Tourist Inside co que a Deputación está a dixitalizar todas as oficinas para dar mellor servizo ás persoas con dificultades de visión e audición. Na imaxe, visita institucional realizada onte á oficina.