A romaría de Vilagarcía será este domingo no Castriño co Folk no Alobre
VEN A GALICIA
No parque Enrigue Valdés haberá un xantar, un obradoiro e moita música
27 ago 2022 . Actualizado a las 11:42 h.O parque Enrique Valdés Bermejo e o xacemento arqueolóxico do Montiño volven a acoller o domingo, 28 de agosto, o festival Folk no Alobre, organizado polo colectivo Pés de Barro e a Concellería de Cultura. O prado e os distintos recunchos do xardín botánico acollerán o intenso programa de actividades gratuítas deseñado para o público familiar e que inclúen baile, obradoiros, concertos de música tradicional e mesmo un xantar típico romeiro.
Visita guiada
Ademais, organizarase unha visita guiada para coñecer aspectos da historia de Vilagarcía e tamén do Castro de Alobre, o primeiro asentamento humano documentado en Vilagarcía e cuxos restos se emprazan no mesmo parque. O programa arrincará ás once da mañá cunha visita guiada, rematará co concerto de Maghúa.