Patrocinado por

A Feira Rural, un escaparate para os produtores locais en San Sadurniño

A. C. SAN SADURNIÑO / LA VOZ

VEN A GALICIA

CÉSAR GALDO

Uns 60 vendedores participaron nunha xornada moi concorrida na finca da Cortiña

28 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Polbo á feira e churrasco compuxeron o menú deste ano da Feira Rural de San Sadurniño, que moita xente saboreou nas mesas colocadas ao pé do río. Antes ou despois do xantar, tamén houbo quen degustou a compota de diferentes variedades de mazá. A primeira hora da tarde, a que estaba tendo máis aceptación entre os comensais era a roxelia, como contou o concelleiro de Desenvolvemento Local, Manolo Varela.

«Fíxose pola curiosidade de ver cal é a que gusta máis», comentou, contento co desenvolvemento da feira, nun día de sol no recinto da Cortiña. A Feira Rural, xa sen ningún tipo de restrición polo covid, reuniu a uns 60 vendedores, cunha ampla oferta de produtos agroalimentarios, artesanía, artigos de segunda man e oportunidades, catro viveiros e un expositor de maquinaria. «O ambiente está sendo bo, a mediodía houbo un baixón de xente, pero xa están empezando a vir de novo», indicou Varela a media tarde. Na exposición de froita xuntáronse unhas 50 variedades, un logro nun ano «complicado» por mor do tempo. Houbo obradoiros, música e exhibición e concurso de cans de palleiro.